Condenado a vivir
Aparencia
Condenado a vivir | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Condenado a vivir |
Director | Roberto Bodegas |
Intérpretes | María Bouzas, Vicente Montoto, Luisa Martínez, Rosa Álvarez, Sonia Castelo, Cristina Pascual, Julio Lago, Francisco González Catoira, Mariana Carballal, Cristina Espinosa, Xan Casas, Monti Castiñeiras, Ingrid Reino, Avelino González |
Estrea | 1999 |
Orixe | Galicia |
Na rede | |
Condenado a vivir é un telefilme realizado para a TVG en 1999. Supuxo o primeiro proxecto para levar á ficción a historia de Ramón Sampedro, malia que o máis coñecido sexa a posterior e oscarizada película de Alejandro Amenábar, Mar Adentro.
Realizouse cun equipo integramente galego, e o actor encargado de dar vida ó tetrapléxico coruñés foi o actor Ernesto Chao.
Premios
[editar | editar a fonte]Cabe salientar que esta produción foi candidata ós premios da ATV no 2002. Ernesto Chao acadou o Premio Chano Piñeiro ó mellor actor pola súa interpretación de Ramón Sampedro.