Saltar ao contido

Condución térmica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A condución térmica é un dos medios de transferencia de calor que xeralmente ocorre en materiais sólidos, e é a propagación da calor por medio do contacto de moléculas de dúas ou máis substancias con temperaturas diferentes (metais, madeiras, cerámicas etc.). Ocorre a propagación de calor sen transporte da substancia formadora do sistema, ou sexa, a través de choques entre as súas partículas integrantes ou intercambios enerxéticos dos átomos, moléculas, electróns.

Os metais, debido á súa elevada condutividade térmica, son excelentes medios de propagación de calor. Os gases e algúns sólidos, que posúen baixa condutividade térmica, son pésimos medios de propagación de calor.

En fluídos (líquidos e gases) tamén ocorre transferencia de calor por condución, porén nestes o aumento da temperatura provoca unha alteración na densidade do fluído na parte máis quente, o que provoca un movemento macroscópico. Ese desprazamento que xorde entre a parte do líquido máis quente e a máis fría aumenta a velocidade de transporte de enerxía térmica. A este fenómeno dáselle o nome de convección.

Pódese determinar o fluxo de calor transportado por condución pola Lei de Fourier:

A expresión de arriba aplícase ao caso unidimensional, cando hai gradiente de temperatura só na dirección x.
En caso de que se coñezan as temperaturas de dúas superficies específicas e se queira calcular o fluxo de calor por condución entre elas, basta integrar a ecuación de arriba, que toma a forma:


A constante k, é a condutividade do material. Entre dúas substancias a que teña condutividade maior conseguirá transferir unha cantidade maior de calor, dada para unha mesma diferenza de temperatura.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]