Consello Nacional suízo
O Consello Nacional (en alemán Nationalrat, en francés Conseil National, en italiano Consiglio Nazionale, en romanche Cussegl naziunal) é a cámara baixa da Asemblea Federal de Suíza. Representa ao pobo suízo.
Composición
[editar | editar a fonte]O Consello Nacional está formado por 200 deputados, chamados tamén conselleiros nacionais. Cada cantón constitúe unha circunscrición electoral que elixe polo menos un conselleiro nacional pro rata da súa poboación, aínda se esta sexa inferior á mediana nacional de habitantes por escano (que actualmente é de 36.000 habitantes). Os conselleiros nacionais son elixidos por medio do escrutinio proporcional.
Escanos por cantón
[editar | editar a fonte]Cantón | Escanos desde 2003 | antes de 2003 | diferenza |
---|---|---|---|
Zürich | 34 | 34 | |
Berna | 26 | 27 | ?1 |
Vaud | 18 | 17 | 1 |
Argovia | 15 | 14 | 1 |
Sankt Gallen | 12 | 12 | |
Xenebra | 11 | 11 | |
Lucerna | 10 | 10 | |
Tesino | 8 | 8 | |
Soleura | 7 | 7 | |
Basilea-Campo | 7 | 7 | |
Valais | 7 | 7 | |
Friburgo | 7 | 6 | 1 |
Turgovia | 6 | 6 | |
Basilea-Cidade | 5 | 6 | ?1 |
Grisóns | 5 | 5 | |
Neuchâtel | 5 | 5 | |
Schwyz | 4 | 3 | 1 |
Zug | 3 | 3 | |
Schaffhausen | 2 | 2 | |
Xura | 2 | 2 | |
Uri | 1 | 1 | |
Obwalden | 1 | 1 | |
Nidwalden | 1 | 1 | |
Glarus | 1 | 1 | |
Appenzell Exterior | 1 | 2 | ?1 |
Appenzell Interior | 1 | 1 |
Escanos por grupo político
[editar | editar a fonte]Tralas eleccións de 2007 viuse unha aumentación importante no número de escanos de Os Verdes 8 (20 escanos para 12 conselleiros saíntes) e da UDC 7 (62 escanos para 55 conselleiros saíntes). Estas progresiones a dereita e centro-esquerda déronse en detrimento do PSS -9 e do PRD -5, así como da extrema dereita -1 DS, que desaparece do parlamento e da dereita cristiá conservadora (UDF-EDU) e da extrema esquerda -2 (POP). O centro refórzase con 3 para o PDC e 2 para os Verdes Liberais.