Contra (álbum)
Contra | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Vampire Weekend | ||||
Publicado | 11 de xaneiro do 2010 | |||
Gravación | 2009 | |||
Duración | 36:40 | |||
Xénero(s) | indie rock, indie pop | |||
Selo(s) | XL Recordings | |||
Produtor | Rostam Batmanglij | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Contra é o segundo álbum da banda de indie rock estadounidense Vampire Weekend, publicado o 11 de xaneiro de 2010 baixo o selo XL Recordings. O título do álbum está pensado como unha alegoría temática e unha referencia complexa aos contra-revolucionarios nicaraguanos, ao álbum de The Clash Sandinista! e, en parte, unha homenaxe ao videoxogo Contra.
A revista Q elixiuno o quinto mellor álbum do ano 2010[1].
Lanzamento
[editar | editar a fonte]O lanzamento de Contra foi anunciado o 15 de setembro de 2009, e foi lanzado no Reino Unido o 11 de xaneiro de 2010. Nos Estados Unidos isto ocorreu ao día seguinte. Con todo, o álbum xa estaba dispoñible o 8 de xaneiro en iTunes. "Horchata" foi lanzado como unha descarga gratuíta o 5 de outubro de 2009 no sitio web da banda. O primeiro sinxelo foi "Cousins", acompañado por un sinxelo de 7" e un vídeo musical. O álbum estivo dispoñible para streaming no MySpace da banda a partir do 3 de xaneiro de 2010. Tamén se dispón actualmente para streaming no seu sitio web oficial (desde o 5 de xaneiro de 2010).
É o primeiro álbum da banda en alcanzar o número un no Billboard 200, e o décimo segundo da escena independente da historia en alcanzar o número un no Billboard 200 desde que Nielsen SoundScan comezou a rexistrar datos en 1991. O álbum logrou vender 124.000 copias na súa primeira semana.
Música e letras
[editar | editar a fonte]A letra de "I Think UR a Contra" inclúe a frase "Complete Control", o título dun sinxelo de The Clash. O título de "Diplomat's Son" é unha referencia a unha historia escrita polo cantante Ezra Koenig sobre o internado, aínda que o contido das súas letras fala dunha relación homosexual contada por Rostam Batmanglij. A canción extra de iTunes, "Giant" contén referencias á canción de Notorious B.I.G. "Juicy". "Diplomat's Son" ten samples das cancións "Hussel" de M.I.A. e "Pressure Drop" de Toots and the Maytals. "White Sky" é unha reminiscencia de "Crazy Love, Vol. II" e "Proof" de Paul Simon.
Lista de temas
[editar | editar a fonte]# | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Horchata" | 3:26 |
2. | "White Sky" | 2:58 |
3. | "Holiday" | 2:18 |
4. | "California English" | 2:30 |
5. | "Taxi Cab" | 3:55 |
6. | "Run" | 3:52 |
7. | "Cousins" | 2:25 |
8. | "Giving Up the Gun" | 4:46 |
9. | "Diplomat's Son" | 6:01 |
10. | "I Think UR a Contra" | 4:29 |
Cancións engadidas na versión iTunes
# | Título | Duración |
---|---|---|
11. | "Giant" | 2:50 |
12. | "California English: Part 2" | 2:57 |
Disco extra Contra Megamelt
# | Título | Duración |
---|---|---|
11. | "Contramelt A" | 6:11 |
12. | "Contramelt B" | 4:36 |
12. | "Cousinz (Toy Selectah Mex-More Remix)" | 3:20 |
Posición nas listas
[editar | editar a fonte]Lista (2010) | Máxima posición |
---|---|
Lista de álbums de Australia | 2 |
Lista de álbums do Canadá | 1 |
Lista de álbums de Francia | 15 |
Lista de álbums dixitais de Francia | 2 |
Lista de álbums de Suráfrica | 30 |
Lista de álbums de Italia | 98 |
Lista de álbums de Nova Zelandia | 12 |
Lsta de álbums do Reino Unido | 3 |
Lista Indie do Reino Unido | 1 |
Billboard 200 de Estados Unidos | 1 |
Billboard de álbums indies de Estados Unidos | 1 |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Lanzamento | Título |
---|---|
17 de novembro de 2009 | "Cousins" |
19 de febreiro de 2010 | "Giving Up The Gun" |
7 de xuño de 2010 | "Holiday" |
16 de agosto de 2010 | "White Sky" |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Q's 50 Best Albums of 2010". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 23 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vampire Weekend na páxina de XL Recordings
- Descargas de MP3 de Vampire Weekend
- Canción por canción de Vampire Weekend Arquivado 20 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
- Stream do álbum en NPR