Convergència i Unió
Convergència i Unió (CiU) | |
---|---|
Federación de partidos nacionalistas cataláns (CDC e UDC) | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Artur Mas (Presidente) Ramon Espadaler (Secretario Xeral) |
Filiación internacional | Partido Europeo Liberal Demócrata Reformista (por Convergència) Partido Popular Europeo (por Unió) |
Historia | |
Fundación | 1978 |
Disolución | 17 de xuño de 2015[1] |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Centro dereita Nacionalismo catalán Democracia cristiá Liberalismo Federalismo europeo Independentismo catalán Conservadorismo |
Representación | |
Representación | 16 deputados (de 350) no Congreso dos Deputados |
Outros datos | |
Sede | Còrsega, 331-333, 08037 Barcelona |
Na rede | |
www.ciu.cat | |
Convergència i Unió (CiU) foi unha federación nacionalista catalá composta pola liberal Convergència Democràtica de Catalunya e a democristiá Unió Democràtica de Catalunya existente entre 1978 e 2015.[1]
Fundada como coalición electoral en 1978, gobernou a Generalitat de Cataluña entre 1980 e o 2003, e tamén entre 2010 e 2015. Ademais, foi a terceira forza política en escanos (en votos éo Esquerda Unida) no Congreso dos Deputados de España, por detrás de PSOE e PP.
CiU colaborou co BNG e o PNV a través de Galeusca para a consecución dun Estado plurinacional.
Integrantes
[editar | editar a fonte]A federación Convergència i Unió estaba integrada por dous partidos políticos:
- Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), partido liberal e nacionalista catalán creado o 17 de novembro de 1974 en Montserrat arredor da figura de Jordi Pujol i Soley e disolto o 8 de xullo de 2016 en Barcelona.
- Unió Democràtica de Catalunya (UDC), partido de ideoloxía democristiana ou socialcristiana fundado en 1931. É membro fundador do Partido Popular Europeo. O presidente do Comité de Goberno do partido e líder máis destacado é Josep Antoni Duran i Lleida.
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]* En 1977, a suma de CDC (5) e UDC (1)
|
|