Saltar ao contido

Conversa:Muíño

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

No apartado de muíños de auga estáse a usar como sinónimo de muíño deste tipo o termo acea, a acea realmente é un muíño de maré ou de marea que soen estar nas desembocaduras dos ríos, pero sempre na costa, polo que penso que deberíamos correxilo e engadir os diferentes tipos de muíños de auga que hai. Alma (fálame eiquí) 23:10, 25 decembro 2007 (UTC)

  • Pero a acea de Allariz non está na costa, e é ben coñecido, seguro que acea é un muíño de marea.--Alex 23:14, 25 decembro 2007 (UTC) Mira o artigo acea--Alex 23:15, 25 decembro 2007 (UTC)
  • No dicionario da RAG trae isto:
Aceas.f. 1. Muíño situado nun río, que ten unha gran roda vertical que transmite a forza da auga. As aceas do Miño. 2. Muíño situado nunha ría, que aproveita para o seu funcionamento a auga acumulada durante a preamar. No concello de Culleredo quedan restos dunha antiga acea.

Deduzo que as aceas poden ser de río ou de marea.--Alex 23:22, 25 decembro 2007 (UTC)

Eu neste caso tan específico non estou seguindo a RAG, senon o libro "As construccións da Arquitectura Popular. Patrimonio etnográfico de Galicia" de Manuel Caamaño Suárez onde distingue claramente entre acea e muíño de río, e en virtude disto valoraba facer a distinción. Alma (fálame eiquí) 23:25, 25 decembro 2007 (UTC)

  • Entón supoño que habería que saber se noutras obras de arquitectura tradicional ou popular galega fan esa distinción ou é tan só unha opinión propia dese autor, o que si se debería abrir no artigo é un apartado sobre muíños de marea, e parece que ti tes os coñecementos para facelo, anímote a que o fagas se o cres conveniente.--Alex 23:30, 25 decembro 2007 (UTC)

A ver, matizo, a clasificación dos muíños é complicada, neste libro clasifícanse os muíños hidráulicos do seguinte xeito:

  1. Muíños de ríos de rodicio:
Muíños de roda motriz horizontal ou rodicio
Muíño de canle
Muíño de cubo
Muíño de dorna ou caldeira (e aquí matiza que nalgúns lugares tamén se coñece como ceña ou aceña): Só en ríos de caudal abundante e de certa regularidade.
  1. Muíños de río de bruia ou de roda motriz vertical: Tamén chamados aceas, igual que os anteriores, en ríos caudalosos.
  2. Muíños de maré: Tamén chamados aceñas.

Creo que ahí si se reflexa o que dis ti e a RAG pero tamén se concreta un pouco máis que non calquera muíño é unha acea. Non? Alma (fálame eiquí) 23:37, 25 decembro 2007 (UTC)

  • O que me dá a impresión é que prioriza clasificar segundo o tipo de construción ao ser un libro de arquitectura, pero se fora un libro específico sobre muíños quizais a clasificación estivera baseada máis na función, pero admito que ti de certo saberás máis de muíños ca min e calquera decisión que tomes me parecera ben.--Alex 23:44, 25 decembro 2007 (UTC)
Neste libro fala de ámbalas dúas cousas, construccións e funcionalidades, pero como tampouco son ningunha experta neste tema, a ver se atopo máis bibliografía e me poño polo menos a facer esa distinción de que toda aceña é muíño pero non todo muíño é acea ou aceña, saúdos ;). Alma (fálame eiquí) 23:54, 25 decembro 2007 (UTC)

Muíños e aceas/aceñas

[editar a fonte]

Segundo o explica (moi ben) Xaquín Lorenzo, muíños son todos. Os muíños de auga, que son os que nos interesan agora, poden te-la roda motriz horizontal (o rodicio) ou vertical (a bruia). Os primeiros son os muíños propios, os máis antigos e comúns. Ó xira-la roda, xira o eixo e move a moa. Os segundos son, especificamente, as aceas/aceñas, máis modernos e escasos; nestes, a roda xira verticalmente e a través dunha catalina move unha rodiña dentada que, á súa vez, é a que move o eixo e a moa. Estes segundos muíños, as aceas, poden recibi-la forza da auga por arriba: a auga vén por unha canle e cae sobre as pas altas da roda, vertical (construídos ás beiras dos ríos, hainos no Miño e no Barbantiña, por exemplo) ou por baixo: a parte inferior da roda queda baixo a auga e é a corrente de auga a que a move (e hainos tamén en ríos -no medio e medio da corrente- e na costa: os muíños de maré).

É dicir, que aceas son un tipo especial de muíño. Que ámbolos tipos poden estar en ríos e só un tipo dos chamados aceas están na costa.

A parte da disposición horizontal ou vertical da roda, todo o resto do muíño é semellante nun e noutro caso.

Se fose posible, podo escanea-los esquemas dun e doutro tipo de muíños para que vexades ben as diferencias. Pero non sei se podo por aquilo dos copyrights. Pedro --Lameiro (conversa) 01:04, 26 decembro 2007 (UTC)

frase eliminada

[editar a fonte]

Elimino da sección "Muíños de sangue" a frase "Estes animais levaban os ollos vendados para evitar o mareo" porque non me parece crible que esa sexa a razón. Pero como tampouco o podo asegurar prefiro conservala aquí, por se alguén ten máis datos. Pedro --Lameiro (conversa) 22:59, 18 xuño 2008 (UTC)

Visión allea

[editar a fonte]

Modifiquei o apartdo dos muíños de vento, literariamente poderían ser os máis coñecidos, pero cando un galego pensa en muíños non creo que pense maioritariamente nos de vento, aínda que tamén os hai en Galicia e aínda que a visión cervantina pesa moito. E tamén modifique que en España os os ríos son pouco caudalosos e por iso os muíños de vento,Galicia está chea de muíños de auga, e estar estamos en España, era unha visión incomprensible para un artigo nunha enciclopedia en galego que pretenda ser universal.--Cheluco usopúblico 10:26, 24 de outubro de 2010 (UTC)