Conversa:San Amaro
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]A "ortodoxia" lingüística di que o nome debería ser Santo Amaro, pero talvez a ortodoxia toponímica di San Amaro? ?. Non o movo por se acaso--4bot 15:04, 4 novembro 2007 (UTC)
- Temos que seguir o nomenclátor da Xunta, que di que é San Amaro. AlberteSi, digame? 15:10, 4 novembro 2007 (UTC)
Universidade budista
[editar a fonte]Solicito que se reintroduza a información sobre a universidade budista que escribín hoxe pola mañá, con inclusión de fontes. Creo que a existencia da única universidade budista de Europa é suficientemente significativa. Xa aparece como mención na entrada da aldea de Ventoselo, incluíndo fotografía. Tamén na Wikipedia en castelán aparece e con unha maior relevancia, pois significa practicamente a metade do texto da entrada.
Se a cuestión é que a información era excesiva, ben se puido eliminar a sobrante en vez de suprimir todo. En cambio, respecto da numerosa información arqueolóxica, non se aplicou o mesmo criterio. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 79.146.93.135 (conversa • contribucións)