Cristina Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1956 (68 anos) Donostia, España |
Educación | Instituto Pratt (1988–) Chelsea College of Art and Design (1980–) Universidade do País Vasco (1976–1978) |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes visuais, Instalación e escultura |
Ocupación | escultora, mestra, artista de instalacións |
Representante | Konrad Fischer Galerie (en) e Marian Goodman Gallery (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Juan Muñoz |
Irmáns | Alberto Iglesias |
Premios | |
| |
Sitio web | cristinaiglesias.com |
Cristina Iglesias Fernández Berridi,[1] nada en Donostia o 8 de novembro de 1956, é unha escultora e gravadora vasca. A súa obra atópase en museos e espazos públicos de varios países.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cristina Iglesias naceu nunha familia de artistas. Comezou a estudar Ciencias Químicas, carreira que abandonou para ir a Barcelona onde durante un tempo dedicouse ao debuxo e a cerámica.[4] Logo, formouse en Escultura na Chelsea School of Art de Londres.[2][5] Alí coñeceu o home que máis tarde sería o seu marido, Juan Muñoz, e a outros artistas como Anish Kapoor.[5]
A súa estancia na capital británica —e tamén o paso por Italia— marcou o seu futuro como artista.[5] Cando rematou no Reino Unido, puido acceder a unha bolsa Fulbright para estudar na Escola de Belas Artes do prestixioso Instituto Pratt de Nova York (1988).
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Na década de 1980 realizou as súas dúas primeiras exposicións individuais en Portugal e representou a España por primeira vez na Bienal de Venecia (1986).[5] Esta presenza internacional permitiulle comezar a ser recoñecida. Na década de 1990, pasou con éxito por Suíza, participou na Exposición Universal de Sevilla en 1992, na Bienal de Sidney, visitou por segunda vez a Bienal de Venecia e expuxo obras no Reino Unido e nos Estados Unidos, sendo galardoada en 1999 co Premio Nacional de Artes Plásticas en España, polos "novos camiños" abertos.[1] Durante eses anos, tamén foi profesora de escultura na Academia de Belas Artes de Múnic.[6]
A primeira obra pública en España[5] foi a porta de entrada do novo edificio na remodelación do Museo do Prado (2007), encargo realizado por Rafael Moneo. O Portal-pasaxe está formado por seis grandes placas móbiles con forma de vexetais fosilizados en bronce.[5]
En 2018, con motivo do 40 aniversario da Constitución Española, a súa escultura Sen título, 1988 foi seleccionada entre as obras do Museo Centro de Arte Raíña Sofía para ser representada na exposición O poder da arte. Dita exposición estivo situada nos edificios do Congreso dos Deputados e do Senado.[7]
Premios e honras
[editar | editar a fonte]- 1999 - Premio Nacional de Artes Plásticas en España[8]
- 2013 - Premio Tomás Francisco Prieto, da FNMT.[9]
- 2015 - Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (Ministerio de Cultura e Deportes)
- 2016 - Tambor de Oro de San Sebastián.[10]
- 2020 - Premio de Arquitectura 2020 outorgado pola Royal Academy Of Arts de Londres.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 www.biografiasyvidas.com (ed.). "Cristina Iglesias". Consultado o 15 de diciembre de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 españaescultura.es (ed.). "Cristina Iglesias". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2023. Consultado o 15 de diciembre de 2015.
- ↑ Museo Reina Sofía, ed. (1998). "Cristina Iglesias (5 febrero - 15 abril, 1998 / Palacio de Velázquez, Parque del Retiro, Madrid)". Consultado o 15 de diciembre de 2015.
- ↑ "[Sin título] (Hojas de eucaliptos I). EMSIME". Consultado o 2021-01-31.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Castilla, Amelia (31 de julio de 2014). "Cristina Iglesias: agua, acero y seda". Consultado o 15 de diciembre de 2015.
- ↑ cristinaiglesias.com (ed.). "Cristina Iglesias". Arquivado dende o orixinal o 13 de diciembre de 2015. Consultado o 15 de diciembre de 2015.
- ↑ Aniversario, Constitución 40 (23 de noviembre de 2018). "Congreso, Senado y el Museo Reina Sofía colaboran en una exposición que explora la relación del arte y la historia de la Transición" (en castelán). Consultado o 23 de diciembre de 2018.
- ↑ MEC (ed.). "Cristina Iglesias". Consultado o 3 de enero de 2018.
- ↑ "Cristina Iglesias gana el Tomás Francisco Prieto 2013". Museo Casa de la Moneda. 20 de setembro de 2013.
- ↑ "Cristina Iglesias, Tambor de Oro 2016" (en castelán). Consultado o 7 de enero de 2016.
- ↑ "Cristina Iglesias recibe el premio de Arquitectura de la Royal Academy Of Arts de Londres" (en castelán). 16 de enero de 2020. Consultado o 17 de enero de 2020.