Saltar ao contido

Ctesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCtesias
Biografía
Nacementoséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata
Cnido, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morteséculo IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Cnido, Turquía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Anatolia
Asia Minor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, escritor, historiador, indólogo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata - século IV a. C. Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
The Nuttall Encyclopædia >>>:Ctesias
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4771244

Ctesias, nado en Cnido no século século -V e finado no século -IV, foi un historiador grego e médico de Artaxerxes Mnemón na corte de Persia. Acompañouno na súa expedición do ano -401 contra o seu irmán Ciro o Xove.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É o autor dunha Historia de Persia, ou Pérsica en 23 libros en dialecto xónico desde as orixes até o -389 seguindo o modelo de Heródoto, mais introducindo elementos novelescos. Consérvase un fragmento extenso en papiro, así como un resumo de Focio (século IX) e fragmentos reproducidos por Plutarco e Diodoro Sículo. Redactou tamén tratados sobre os ríos e sobre a economía persa, e unha descrición da India.

Os primeiros seis libros da Pérsica tratan da historia de Asiria e Babilonia até a fundación do Imperio Persa. Escribiunos en oposición a Herodoto e hoxe estímase que non son moi veraces.