Saltar ao contido

Cumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCumbria
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 54°30′N 3°15′O / 54.5, -3.25
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsNoroeste de Inglaterra - North West England Editar o valor en Wikidata
CapitalCarlisle Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Allerdale (en) Traducir (–2023)
Barrow-in-Furness (en) Traducir (–2023)
Carlisle (en) Traducir (–2023)
Copeland (en) Traducir (–2023)
Cumberland (en) Traducir (2023–)
Eden (en) Traducir (–2023)
South Lakeland (en) Traducir (–2023)
Westmorland and Furness (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación499.781 (2020) Editar o valor en Wikidata (73,86 hab./km²)
Número de fogares240.149 (2011) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie6.766,5996 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoScafell Pike (pt) Traducir (978 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1974 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativocouncil of Cumbria County Council (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GB-CMA Editar o valor en Wikidata
Código NUTSUKD1 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcumbria.gov.uk Editar o valor en Wikidata

Cumbria[1] é un condado administrativo situado na zona noroeste de Inglaterra, no Reino Unido. Os seus límites están no mar de Irlanda ao oeste e o cordal dos Peninos ao leste. A súa capital é Carlisle. Ocupa unha área de 6.768 km² e a súa poboación aproximada é de 489.829 habitantes. A segunda cidade maior de Cumbria é Barrow-in-Furness cunha poboación de 71.980 habitantes.

Cumbria limita cos condados de Northumberland, Durham, North Yorkshire, Lancashire e as zonas administrativas escocesas de Dumfries and Roxburgh, Ettrick e Lauderdale.

Componse de seis distritos: Allerdale, Barrow-in-Furness, Carlisle, Copeland, Eden e South Lakeland.

Cumbria creouse en 1974 e cobre os condados tradicionais de Cumberland e Westmorland, máis a zona dos Furness do condado de Lancashire e unha zona de Yorkshire. O nome "Cumbria" utilizouse para designar a rexión durante séculos.

Despois da creación do condado administrativo de Cumbria, algúns habitantes, sobre todo os que naceron ou medraron na zona, seguen referíndose á zona de Furness polo nome tradicional do seu condado: Lancashire.

A cultura da zona foi céltica e o seu nome deriva do nome da área en lingua cúmbrica. Está conectado etimoloxicamente co termo galés Cymru que significa Gales. Cumbria é unha das zonas máis celtas de toda Inglaterra.

A abadía de Furness.

En Cumbria encóntrase o Parque Nacional Lake District, considerado unha das zonas máis fermosas de toda Gran Bretaña. O punto máis alto do condado (e de toda Inglaterra) sitúase en Scafell Pike cunha altura de 978 metros sobre o nivel do mar.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Poboación: 496.200 habitantes,[cando?] densidade: 73 hab./km².

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. Cumbria (RU) 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]