Década de 310
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século IV | |||||
| |||||
|
310
- Artigo principal: 310.
- Batalla do Ponte Milvio. Sae vencedor Constantino I, emperador romano.
311
- Artigo principal: 311.
- Edicto de Tolerancia, emitido polo emperador romano Galerio, poucos días antes da súa morte, no que indica o fin das persecucións contra os cristiáns.
- 2 de xullo - Inicio do papado de Melquíades.
312
- Artigo principal: 312.
- Instado polo Senado romano a eliminar de Roma o poder de Maxencio, Constantino move as súas tropas cara Italia.
- Constantino vence as tropas de Maxencio sucesivamente en Turín, Brescia e Verona.
- 28 de outubro - Batalla da Ponte Milvio - Constantino o Grande derrota a Maxencio, nas proximidades de Roma. Constantino fica como único emperador romano occidental.
Arte e cultura
- Impulsado polo Senado, comeza a construción, en Roma, do arco de Constantino.
313
- Artigo principal: 313.
- Data do suposto Edicto de Milán polo que Constantino I e Licinio recoñecen a liberdade relixiosa do cristianismo
- Constantino I nomea a Osio conselleiro para asuntos relixiosos.
- Concilio de Roma: condena do donatismo.
314
- Artigo principal: 314.
- O emperador romano Constantino I convoca o Concilio de Arles, que revisa o donatismo e o condena de novo.
- Silvestre I convértese en papa da Igrexa católica.
315
- Artigo principal: 315.
Arte e cultura
- Aparecen os primeiros símbolos cristiáns nas moedas romanas.
- Erguemento do arco de Constantino en Roma (data aproximada).
316
- Artigo principal: 316.
Asia
- Os xiongnu invaden o Norte da China, saqueando Chang'an.
Oriente Próximo
- Tiridates III (Trdat III), rei de Armenia, proclama o cristianismo como relixión oficial do seu estado.
Mundo Mediterráneo
- O emperador romano oriental, Licinio, asocia a Valerio Valente como césar (até 317).
- Batalla de Mardia (ou de Campus Ardiensis): no contexto da guerra civil entre os emperadores Constantino e Licinio, o primeiro derrota ao segundo; esixiralle a eliminación do asociado Valerio Valente e anexiona as dioceses de Mesia e Panonia ao Imperio occidental.
317
- Artigo principal: 317.
Asia
- Inicio do goberno de Yuan, emperador chinés da dinastía Jin (até 323).
Mundo Mediterráneo
- 1 de marzo - Asínase a paz entre os emperadores Constantino o Grande e Licinio, en Serdica (actual Sofía, Bulgaria). Constantino I asocia a seus fillos Crispo (até 326) e Constantino (até 340) como césares. Licinio fai o mesmo con seu fillo tocaio Licinio o Novo .
318
- Artigo principal: 318.
- O xa persa Sapor I cede Iberia, Cáucaso, como reino para o seu fillo, que toma o nome de Miriam III.
319
- Artigo principal: 319.
Asia
- Chandragupta I convértese no primeiro monarca da dinastía e reino dos Gupta no Noroeste da India (até 335).
Europa
- O emperador romano Constantino I o Grande prohibe a separación das familias de escravos cando cambian de propietarios.