Día Mundial do Medio Ambiente
O Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do "Programa das Nacións Unidas para o ambiente" (PNUMA)[1].
Historia
[editar | editar a fonte]Co "día mundial do ambiente", a organización das Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións en rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias en escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras. En moitos países esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e a planificación económica.
As principais celebracións internacionais no 2006 realizáronse en Alxeria. Ese ano o tema elixido foi Desertos e Desertificación e o lema "Non abandones os desertos!", enfatizando a importancia de protexer ás terras áridas, as cales representan máis do 40% da superficie do planeta.
En 2007 as actividades foron en Tromsø (Noruega) e o lema escollido foi "O desxeo, un asunto candente. En 2008 a sede foi Nova Zelandia, e o tema: Deixa o hábito! Cara a unha economía baixa en carbono.
Sedes
[editar | editar a fonte]- Tromsø, Noruega.
- San Francisco, Estados Unidos.
- Barcelona, España.
- Beirut, Líbano.
- Shenzhen, República Popular da China.
- Turín, Italia.
- A Habana, Cuba.
- Adelaida, Australia.
- Toquio, Xapón.
- Moscova, Rusia.
- Seúl, Corea.
- Istambul, Turquía.
- Pretoria, Suráfrica.
- Londres, Reino Unido.
- Pequín, China.
- Río de Xaneiro, Brasil.
- Estocolmo, Suecia.
- Cidade de México, México.
- Bruxelas, Bélxica.
- Bangkok, Tailandia.
- Nairobi, Kenya.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Día Mundial do Medio Ambiente |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Día Mundial del medio ambiente (Nacións Unidas) (en castelán)
- Sitio oficial Día Mundial do Medio Ambiente 2007 Arquivado 03 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Sitio oficial Día Mundial do Medio Ambiente 2007 (en castelán)
- Actividades rexistradas no mundo para 2006 (en castelán)
- Día Mundial do Medio Ambiente 2006, Desertos e desertificación, páxina oficial (en castelán)
- Resolución da Asemblea Xeral A/Res/58/211, 2006: Ano Internacional dos Desertos e a Desertificación (en inglés)