Daniel Calzado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 Tomiño, España |
Morte | 11 de novembro de 1972 (80/81 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Alcalde de Tomiño | |
outubro de 1931 – setembro de 1932 (dimisión) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Daniel Calzado Poceiro, nado en Tomiño en 1891 e finado en Buenos Aires o 11 de novembro de 1972, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1911 marchou a Buenos Aires, onde colaborou coa asociación de residentes de Tomiño. Uns anos antes da instauración da República retornou a Tomiño e participou na fundación de sociedades de agricultores, estando presente na Federación Agraria Municipal de Tomiño e na Federación Agraria de Tui. Foi director de El Agro de Tomiño. Tamén organizou e presidiu a Asociación La Aurora del Porvenir. Na República foi elixido concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Tomiño en 1931 e despois da dimisión de Ramiro Moure Moure en outubro dese ano foi elixido alcalde. Dimitiu como alcalde en setembro de 1932,[1] e recibiu unha homenaxe o 17 de outubro.[2] En decembro dese ano marchou a Buenos Aires.[3]
En Buenos Aires e fundou varias organizacións políticas e culturais. Foi secretario do Comité tomiñense Pro-Autonomía Galega,[4] e colaborou en Tribuna. Participou no Consello de Galiza e na asemblea de 1965 foi elixido Presidente da Comisión de Finanzas. Ocupou varios cargos na Agrupación Celta do Centro Gallego de Buenos Aires.
Predecesor: Ramiro Moure Moure |
Alcalde de Tomiño 1931 - 1932 |
Sucesor: Manuel Moure de Santiago |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jorge Pereira, Natalia. "As escolas indianas en Tomiño" (PDF). De Pontevedra (Deputación Provincial): 107–116. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de marzo de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2012.
- Martínez Calzado, Rafael A. (2016). Daniel Calzado Poceiro. Un alcalde agrarista. Tomiño: Concello.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía na Enciclopedia da Emigración Arquivado 01 de maio de 2013 en Wayback Machine.
- Ficha en Galegos