Saltar ao contido

Depeche Mode

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OrixeBasildon, Essex, Inglaterra Inglaterra
Período1980 - presente
Xénero(s)synthpop, New Wave, dance alternativo, rock alternativo, rock, pop, pop rock, dark wave, música electrónica, synthrock
Selo(s) discográfico(s)Mute, Sire, Reprise, Sony
MembrosDave Gahan
Martin Gore
Andrew Fletcher
Antigos membrosVince Clarke (Erasure)
Alan Wilder (Recoil)
Na rede
depechemode.com
IMDB: nm0220058 Facebook: depechemode Twitter: depechemode Instagram: depechemode Tumblr: depechemode MySpace: depechemode Youtube: UCM-CWGUijAC-8idv6k6Fygw Vimeo: depechemode TikTok: depechemode BNE: XX126818 Bandcamp: depechemodeofficialSouncloud: depeche_mode Spotify: 762310PdDnwsDxAQxzQkfX iTunes: 148377 Last fm: Depeche+Mode Musicbrainz: 8538e728-ca0b-4321-b7e5-cff6565dd4c0 Songkick: 483507 Discogs: 2725 Allmusic: mn0000239921 Deezer: 545 Genius: Depeche-mode Editar o valor en Wikidata

Depeche Mode [dɨˈpɛʃmoʊd] é unha banda inglesa formada no ano 1980 en Basildon, Essex. A formación orixinal do grupo estaba composta por Dave Gahan (voces), Martin Gore (teclado, guitarra e voces), Andrew Fletcher (teclado) e Vince Clarke (teclado). Vince Clarke deixou a banda despois da edición do seu álbum de debut en 1981, e foi substituído por Alan Wilder que foi membro da banda dende 1982 ata 1995. Despois da partida de Wilder, Gahan, Gore e Fletcher continuarían coma trío.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Depeche Mode tivo 48 temas nas listas británicas de sinxelos e 12 discos no top 10 británico de álbums, dos cales dous estreáronse no número 1. Segundo EMI, a banda leva vendidos ao redor dos 100 millóns de discos e sinxelos en todo o mundo,[1] sendo a banda de música electrónica máis exitosa da historia.

O 13 de xullo de 1993 tocaron no Estadio de Pasarón de Pontevedra, no marco da súa xira Devotional Tour.

Membros do grupo

[editar | editar a fonte]
Membros
  • Andy Fletcher – teclados, coros vocais (1980–presente); guitarra eléctrica (1980)
  • Dave Gahan – cantante (1980–presente)
  • Martin Gore – teclados, coros e voz principal (1980–presente); guitarras (1983–1984, 1987–presente)
Membros en Tour
  • Christian Eigner – batería, teclados (1997–presente)
  • Peter Gordeno – teclados, piano, guitarra eléctrica, segundas voces (1998–presente)
Membros actuais
  • Vince Clarke – teclados, segundas voces (1980–1981); cantante, guitarras (1980)
  • Alan Wilder – teclados, piano, segundas voces (1982–1995); batería (1990–1995)
Timeline

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Speak & Spell 1981 Mute Records, Sire Records
A Broken Frame 1982 Mute Records, Sire Records
Construction Time Again 1983 Mute Records, Sire Records
Some Great Reward 1984 Mute Records, Sire Records, Virgin Records, RCA Victor
Black Celebration 1986 Mute Records, Sire Records
Music for the Masses 1987 Mute Records, Sire Records
Violator 1990 Mute Records, Sire Records, Reprise Records
Songs of Faith and Devotion 1993 Mute Records, Sire Records, Reprise Records
Ultra 1997 Mute Records, Reprise Records
Exciter 2001 Mute Records, Reprise Records
Playing the Angel 2005 Mute Records
Sounds of the Universe 2009 Mute Records
Delta Machine 2013 Columbia Records, Mute Records
Spirit 2017 Columbia Records, Mute Records
Memento Mori 2023 Columbia Records, Mute Records
  1. emimusic.com (ed.). "New Depeche Mode album number one in 20 countries" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]