Dinastía de Avis
A Dinastía de Avis (ou Avís), ou Dinastía Xoanina, foi a segunda dinastía a reinar en Portugal, entre 1385 e 1581-1582[1]. Tivo inicio a finais da crise de 1383-1385, cando o mestre da Orde de Avis, Xoán, fillo natural de el-rei Pedro I, foi aclamado rei nas Cortes de Coimbra.
Antes disto, e para permitir isto, dérase a derrota do partido favorable á raíña destronada, Beatriz, muller de Xoán I de Castela, definitivamente vencida na batalla de Aljubarrota o 14 de agosto de 1385.
A Casa de Avis, sucesora familiar da anterior dinastía Afonsina, reinou no territorio peninsular de Portugal entre 1385 e 1581, cando Antonio é vencido e destronado na batalla de Alcántara, sendo aclamado no seu lugar o estranxeiro Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, baixo a ameaza do seu exército que xa ocupara Lisboa. Pero reina aínda nos Azores ata 1582, coa caída de Angra do Heroísmo, cando a Illa Terceira e as restantes illas azorianas réndense á armada invasora do Marqués de Santa Cruz.
A Dinastía de Avis é substituída pola unión entre as coroas de Portugal e de todos os demais reinos de Filipe II, que deu comezo á dinastía dos Habsburgo ou Dinastía de Austria.
Reis da Dinastía de Avis
[editar | editar a fonte]- Xoán I (r. 1385 - 1433, despois do Interregno que destronou a raíña Beatriz) - fillo natural de Pedro I e medio-irmán do rei Fernando I de Portugal
- Duarte (r. 1433 - 1438) - fillo de Xoán I.
- Afonso V (r. 1438 - 1481) - fillo de Duarte.
- Xoán II (r. 1481 - 1495) - fillo de Afonso V.
- Manuel I (r. 1495 - 1521) - curmán de Xoán II.
- Xoán III (r. 1521 - 1557) - fillo de Manuel I.
- Sebastián I (r. 1557 - 1578) - fillo de Xoán, Príncipe de Portugal
- Henrique (r. 1578 - 1580) - tio avó de Sebastián.
- Antonio (r. 1580 - 1581) - sobriño de Henrique, fillo do casamento secreto do Infante Luís coa Violante Gomes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SERRÃO, Joaquim Veríssimo, O Reinado de Antonio Prior do Crato (1580-1582), Coimbra, 1956. Sendo a primeira data (1581) a aclamación de Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, e a segunda (1582), o abandono definitivo do territorio portugués polo rei derrotado, Antonio, quen se viu obrigado a pasar de Angra do Heroísmo a Francia a continuar o combate por outros medios.