Duke University Press
Duke University Press | |
---|---|
Tipo | editora universitária e editor de acceso aberto |
Data de fundación | 1921 |
Organización matriz | Universidade Duke |
Localización | |
Sede | Durham |
Enderezo | 905 W Main St, Ste 18-B, Durham, NC 27701-2054 |
En | Durham |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.dukeupress.edu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Duke University Press é unha editorial académica de libros e revistas e un departamento da Universidade Duke; publica arredor de 120 libros ó ano e máis de 40 revistas académicas, así como cinco coleccións electrónicas.[1] As súas publicacións atópanse principalmente dentro da área de humanidades e ciencias sociais, pero tamén é coñecida polas súas revistas de matemáticas.[2] A editorial foi fundada como Trinity College Press e William T. Laprade foi o seu primeiro director de 1922 a 1926.[3] Despois dunha reestruturación e expansión, o nome cambiouse a Duke University Press en 1926 e William K. Boyd foi nomeado director.[4]
Acceso aberto
[editar | editar a fonte]Duke é unha das trece editoriais que participan no programa piloto Knowledge Unlatched (Abrir as portas ó coñecemento), un consorcio global de bibliotecas dirixido a conseguir un fondo de libros de acceso aberto.[5] Dukeachegou catro libros para a colección do programa piloto.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Information". Duke University Press.
- ↑ "Duke University Press". JSTOR.
- ↑ Dictionary of North Carolina Biography: Vol. 4, L-O. Univ of North Carolina Press. ISBN 9780807867129.
- ↑ "Inventory of the Duke University Press Reference Collection, 1922-ongoing". Duke University Library.
- ↑ "Good for publishers". Knowledge Unlatched.
- ↑ "Duke University Press at the 2014 IFLA World Library and Information Congress". News from Duke University Press.