Eduardo de Woodstock
Aparencia
Eduardo de Woodstock (en inglés, Edward of Woodstock), nado en Woodstock, o 15 de xuño de 1330 e finado en Londres o 8 de xuño de 1376, foi un príncipe inglés fillo do rei Eduardo III. Foi coñecido co alcume do Príncipe Negro, debido á cor da súa armadura.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1343 foi proclamado Príncipe de Gales, en calidade de herdeiro do trono do seu pai. Participou activamente na Guerra dos Cen Anos e na Guerra Civil de Castela (1366 - 1369), loitando do lado de Pedro I, a quen tamén apoiou a nobreza galega, contra Henrique de Trastámara.
Tras o seu falecemento, foi soterrado na catedral de Canterbury.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo de Woodstock |
- Biografía e descrición da particular armadura do Príncipe Negro Arquivado 23 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)