Eficiencia enerxética
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
A eficiencia enerxética refírese á relación entre a cantidade de enerxía consumida e os produtos e servizos finais obtidos. Pódese optimizar mediante a introdución de diversas medidas e investimentos a nivel tecnolóxico, de xestión e de hábitos culturais na comunidade.
Técnicas de aforro de enerxía
[editar | editar a fonte]Illamento do fogar
[editar | editar a fonte]É unha importante medida para aforrar enerxía, diminuíndo deste xeito o consumo da calefacción en inverno o do aire acondicionado no verán. Para iso empréganse medidas como a colocación de fiestra de dobre vidro nas casas ou a plantación de árbores que dean sombra no verán e protexan do vento no inverno.
Aforro no combustible dos automóbiles
[editar | editar a fonte]Esta medida considérase importante xa que ademais de estar aforrando enerxía, emitimos menos cantidade de gases de efecto invernadoiro á atmosfera. Para poder potenciar este aforro mellorouse a dinámica dos coches. Tamén podemos aforrar con outras medidas como ir a unha velocidade constante (sen moitos aceleróns nin freazos), levar o depósito de gasolina cheo ou medianamente cheo (para evitar a evaporación da gasolina).
A reciclaxe
[editar | editar a fonte]É outra das importante medida de aforro de enerxía, ademais de ser un xeito de diminuír a contaminación no medio ambiente. Esta medida é importante xa que as industrias, ao empregaren material reciclado, aforran a enerxía que consumirían no caso de teren que fabricar un material novo.
No fogar
[editar | editar a fonte]Ademais do illamento pódense poñer en práctica outras medidas de aforro de enerxía. Por exemplo o emprego de bombillas de baixo consumo, manter o termóstato da calefaccion a unha temperatura aproximada de 20 °C, poñer na lavadora programas de lavado a unha temperatura o máis baixa posible, manter apagados os utensilios eléctricos que non esteamos a empregar.
Normativas da Unión Europea
[editar | editar a fonte]A Unión Europea inplantou un plan activo de aforro de enerxía no sector da vivenda e dos servizos, baseado principalmente en edifiacio capaces de absorberen máis do 40 % do consumo final da enerxía na comunidade, un consumo de enerxía que segue a aumentar e paralelamente taménas emisións de dióxido de carbono (CO2). Esta normativa é similar á etiqueta enerxética dos electrodomésticos. A idea é construír edificios bioclimáticos encargados de aproveitar a enerxía da contorna.