El Eco Popular (Noia)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Eco Popular.
El Eco Popular | |
---|---|
Localidade | Noia |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco Popular foi un periódico editado en Noia entre 1896 e 1898.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Defensor de intereses generales y locales, apareceu en novembro de 1896.[1] Publicábase os días 8 e 22 de cada mes e imprimíase nos obradoiros de López Alende en Santiago de Compostela. Entre os seus colaboradores figurou Eladio Oviedo Arce. A principios de 1898 cambiou o seu título por El Eco de Noya e converteuse en semanario tradicionalista.[2] Cesou a súa publicación en maio de 1898.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.