El Eco de Teo
El Eco de Teo | |
---|---|
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1916 |
Primeira edición | 1916 |
Última edición | 1920 |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco de Teo foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1916 e 1920.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Revista mensual, apareceu o 10 de marzo de 1916 como órgano de prensa do Centro de residentes de Teo en Sud-América co lema "Por Galicia. Por el trabajador de la tierra gallega: Defiende los intereses colectivos del Distrito Municipal de Padrón". A revista foi órgano oficial da Sociedad Agrícola de Residentes de Vedra en Buenos Aires. Estaba dirixida por Manuel Oliveira Viqueira e contou coa colaboración de Joaquín Pesqueira, J. Buela, Luis Sánchez, Antón Zapata García, Felipe Abeleira e Julio Díaz Miranda. A publicación xurdiu a partir dunha escisión na Federación de Residentes de Teo, editora da revista Teo. Incluíu información semellante á desta pero cunha maior tendencia galeguista, acompañada de fotografías da sociedade e ilustracións de Lourido. Sucedeuno Hércules.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cerdeira Louro, Jorge; Botana Iglesias, Rocío (2009). A emigración en Vedra (PDF). Concello de Vedra. ISBN 978-84-692-7532-0.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de El Eco de Teo no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.