Eohric
Biografía | |
---|---|
Morte | 13 de decembro de 902 Holme, Reino Unido (en) |
Causa da morte | morte en combate |
Monarca | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla do Holme |
Familia | |
Pai | Guthrum I de Anglia Oriental |
Cronoloxía | |
13 de decembro de 902 | Batalla do Holme |
Eohric ou Eric de Anglia Oriental (inglés antigo: Eohric; nórdico antigo: Eiríkr), finado en 902, foi un xefe viquingo de orixe danesa que gobernou o Danelaw tras a morte de Guthrum I no ano 890, ambos procedían da segunda horda viquinga que invadiu Inglaterra e se coñece como o grande exército de verán[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe sobre o seu reinado que durou doce anos pois as crónicas contemporáneas non aportan moita luz sobre o seu papel na política anglosaxoa, ata que no ano 899 Eric toma partido na guerra civil pola sucesión do trono do reino de Wessex tra a morte de Alfredo o Grande apoiando ao príncipe Aethelwold, fillo de Aethelred I (irmán máis vello de Alfredo), que reclama o trono fronte ao herdeiro de Alfredo, Eduardo.
Segundo a crónica anglosaxoa, Aethelwold refúxiase en territorio escandinavo e ofrécenlle un título como jarl dos gobernantes de Jórvik, Sigfrøðr e Knútr que gobernaban en diarquía.
Eduardo albisca un sanguento desenlace e prefire de momento non participar no conflito, pero os seus aliados do reino de Kent ven a alianza como unha ameaza aos seus intereses e deciden enfrontarse aos exércitos hostís do rebelde Aethelwold e os daneses na batalla do Holme, o 13 de decembro de 902. Os viquingos venceron pero tanto o pretendente de Wessex, Aethelwold como o rei viquingo Eohric morren no campo de batalla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Per Ullidtz (2014), 1016 The Danish Conquest of England, BoD – Books on Demand, ISBN 8771457208 p. 223.