Emblema da India
O emblema da India representa a figura do León de Sarnath, preto de Benarés, en Uttar Pradesh. O capitel dos leóns foi erixido no século III a. C. polo emperador Ashoka para sinalar o lugar onde Buda predicou por primeira vez. O emblema nacional é símbolo da vocación da India contemporánea de compromiso coa paz mundial e a boa vontade.
O catro leóns (unicamente son visibles tres no escudo) tamén son os símbolos do poder, a coraxe e a confianza. As figuras dos leóns están situadas sobre un ábaco de forma circular que está rodeado por catro pequenos animais que actúan como gardiáns do catro puntos cardinais: o león no norte, o elefante no leste, o cabalo no sur e o touro no oeste. O ábaco aparece colocado sobre un loto en plena floración, elemento alusivo á orixe da vida e a inspiración creativa.
A lema nacional सत्यमेव जयते "Satyameva Jayate" aparece inscrito na parte inferior do escudo, o cal, en escritura devanágari, significa "só a verdade triunfa". Na parte inferior tamén aparece o Ashoka Chakra, a roda de vinte a catro radios, que figura no centro da bandeira.
A Galipedia ten un portal sobre: India |