Estado de Oaxaca
Oaxaca (oa'xaka AFI2, coloquial: huajáka AFI2), é un dos trinta e un estados que, xunto coa Cidade de México, forman os Estados Unidos Mexicanos.[1][2]
A súa capital e cidade máis poboada é Oaxaca de Juárez.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Localización
[editar | editar a fonte]Está situado na Rexión Suroeste do país.[3]
Límites
[editar | editar a fonte]Limita ao norte con Puebla e Veracruz, ao leste con Chiapas, ao sur co océano Pacífico e ao oeste con Guerrero.
Superficie e poboación
[editar | editar a fonte]Cunha superficie de 93 757 km², é o quinto estado máis extenso, por detrás de Chihuahua, Sonora, Coahuila e Durango.
E con 3 967 889 de habitantes en 2015, é o décimo máis poboado.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]O estado está dividido en 570 municipios, 418 dos cales gobérnanse baixo o sistema de usos e costumes, con formas locais recoñecidas de autogoberno.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]O estado foi fundado o 21 de decembro de 1823.[5]
Poboación indíxena
[editar | editar a fonte]O estado é coñecido principalmente polos seus pobos indíxenas, representados por máis de 16 grupos étnicos, dos que os zapotecos e mixtecos son os de maior representación. Estes pobos sobreviviron e mantiveron os seus usos e costumes con maior éxito que os resto dos indíxenas do territorio nacional, grazas ao esgrevio e illado territorio do estado.[6]
Importancia turística
[editar | editar a fonte]A maioría destes grupos indíxenas habitan a zona centro do estado, cuxa riqueza cultural, que inclúe zonas arqueolóxicas como Monte Albán e Mitla, convértena nunha zona turística de importancia.[7][8]
Outras zonas turísticas de importancia encóntranse na costa, con complexos de importancia como Huatulco, Zipolite, Puerto Escondido, Mazunte e Baía de Tembo.[9]
Biodiversidade
[editar | editar a fonte]Oaxaca está considerada como un dos estados con maior biodiversidade polo seu número de especies endémicas de réptiles, anfibios, mamíferos e plantas.[10]
Segundo diversas fontes, Oaxaca é líder en biodiversidade. Existen ao redor de 8 431 especies de plantas vasculares, 1 431 de vertebrados e máis de 3 000 de invertebrados, o que fai deste estado a entidade con maior riqueza biolóxica de México. Deste total, 702 especies de plantas e 128 de vertebrados son endémicas.[11]
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]Na rexión, a placa norteamericana colisiona coa placa de Cocos, que subduce. O 23 de xullo de 2020 sufriu un terremoto de magnitude 7,4 na escala Richter, implicando movementos de terra de ata 0,45 m.[12]
Galería de imaxes da fauna de Oaxaca
[editar | editar a fonte]-
Iguana
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Víctor Chávez (22 de xaneiro de 2016). "DF no es el estado 32, aclaran legisladores". El Financiero. Consultado o 31 de maio de 2020.
- ↑ "Artículo 44 de la Constitución Política de los Estados Unidos Mexicanos" (PDF). Suprema Corte de Justicia de la Nación. 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 31 de maio de 2020.
Texto vigente a la última reforma publicada en el Diario Oficial de la Federación el 29 de enero de 2016. La reforma a este artículo, así como al 43 y 122 de la misma constitución, y el texto vigente del Art. 1º de la Constitución local, afirman su carácter de entidad federativa, más no de estado, en virtud de su condición de capital de la república.
- ↑ "Oaxaca". Explorando México. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2011. Consultado o 4 de abril de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2012. Consultado o 31 de maio de 2020.
- ↑ La Diputación Provincial y El Federalismo Mexicano.
- ↑ "Grupos indígenas de Oaxaca: Datos generales" Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. por Naí Botello. Consultado o 31 de maio de 2030.
- ↑ ¿Qué hacer en Oaxaca?. Consultado o 31 de maio de 2010.
- ↑ Hansen, Mogens H., ed. (2002): "A comparative Study of Six City- State Cultures", An Investigation Conducted by the Copenhagen Polis Centre, Copenhagen.
- ↑ "El corredor Huatulco-Chacahua". Publimar.mx. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 31 de maio de 2020.
- ↑ "Semarnat, El ambiente en números" (PDF). Conabio. 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2010.
- ↑ "Biodiversidad en Oaxaca, la mayor de México". eloriente.net. 16 de xullo de 2012. Consultado o 31 de maio de 2020.
- ↑ "Mapping the Oaxaca earthquake from space". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-07-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estado de Oaxaca |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial Arquivado 24 de maio de 2020 en Wayback Machine..
- Diagnóstico dos pobos indíxenas de Oaxaca: Migración
- Portal das tres Mixtecas - Cultura Mixteca.
- Información de población do INEGI.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|