Estalactita
Unha estalactita (do grego σταλακτίτης stalaktítēs, de στάλαγμα stálagma "gota", de σταλάσσω stalásso, "gotexar"), é un tipo de espeleotema (depósito de minerais que se forman por precipitación química) que se forma no teito dunha cova nunha zona calcaria debido á decantación de solucións e a deposición de carbonato cálcico. Por veces poden unirse coas estalagmitas do solo e formaren columnas ou piares.
As tres formas principais de estalactitas son:
- vertical: cando é relativamente simétrica respecto a calquera plano vertical;
- bandeira: cando se deforma a causa dun vento de dirección e sentido constantes, deixando unha sorte de membrana a sotavento;
- excéntrica: cando a dirección ou sentido do ar na cova é variable e polo tanto o eixo lonxitudinal da estalactita é aleatorio (cf. helictita);
Igual que as covas, poden ter orixes variadas, pero principalmente son a orixe dos materiais disoltos ou en suspensión son tres:
- disolución de carbonato de calcio das rochas calcarias;
- disolución de materiais orgánicos no pseudokarst;
- disolución do hidróxido sódico do cemento (artificial);
As estalactitas poden ser macizas ou ter unha canle interior que alimenta a auga. Debido á súa beleza (normalmente o carbonato presenta iridisacións ante a iluminación exterior), ás veces córtanse vandalicamente para pretender desfrutalas na casa, pero é unha alternativa va: a estrutura de cada estalactita é estable unicamente nas condicións de humidade e temperatura nas que se formou.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Estalactita |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Braund, Martin e Reiss, Jonathan (2004): Learning Science Outside the Classroom. Routledge. ISBN 0-415-32116-6
- Kramer, Stephen P. e Day, Kenrick L. (1995): Caves'. Carolrhoda Books. ISBN 978-0-87614-447-3
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Virtual Cave. Stalactites (en inglés) Consultada o 06/09/2012.
- Wolferam Demostration Projets Stalactites (en inglés) Consultada o 06/09/2012.