Everything Everywhere All at Once
Everything Everywhere All at Once | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Everything Everywhere All at Once |
Director | Daniel Kwan Daniel Scheinert |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Son Lux |
Fotografía | Larkin Seiple |
Montaxe | Paul Rogers |
Estudio |
|
Distribuidora | A24 |
Estrea | SXSW: 11 de marzo de 2022 Estados Unidos: 25 de marzo de 2022 |
Duración | 139 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 14,3–25 millóns de dólares[2] |
Recadación | 104,1 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
https://everythingeverywhereallatonce.movie/ | |
|
Everything Everywhere All at Once é un filme de estadounidense de 2022 escrito e dirixido por Daniel Kwan e Daniel Scheinert (coñecidos colectivamente como "Daniels"), que a produciron xunto a Anthony e Joe Russo. The New York Times cualificou o filme como un "remuíño de anarquía de xéneros" con elementos de comedia surrealista, ficción científica, fantasía, filmes de artes marciais e animación.
Argumento
[editar | editar a fonte]Evelyn Quan ten unha lavandaría co seu marido Waymond Wang, unhas dúas décadas despois de que emigrasen aos Estados Unidos e tivesen unha filla, Joy. A lavandaría está a ser auditada polo IRS. Mentres tanto, Waymond está intentando entregarlle a Evelyn os papeis do divorcio; o esixente pai de Evelyn, Gong Gong, está de visita pola festa do Ano Novo Chinés e Joy quere que a súa nai acepte a súa moza non chinesa Becky, sobre a que Evelyn mente a Gong Gong.
Nunha reunión conflitiva coa inspectora do IRS Deirdre Beaubeirdre, o corpo de Waymond é tomado por Alpha-Waymond, unha versión de Waymond do "Alphaverse". Alpha-Waymond explícalle a Evelyn que existen moitos universos paralelos porque cada opción de vida crea un novo universo alternativo. O Alphaverse, dirixido pola finada Alpha-Evelyn, desenvolveu a tecnoloxía de "saltoversos", que permite ás persoas acceder ás habilidades, memorias e corpos do seu universo paralelo realizando accións estrañas estatisticamente pouco probables. O multiverso agora está ameazado por Jobu Tupaki, a versión Alphaverse de Joy, cuxa mente quedou escindida despois de que Alpha-Evelyn a empurrase a realizar un saltoverso. Jobu agora experimenta todos os universos á vez e pode saltar e manipular a materia ao seu xeito; ela creou un buraco negro "todo bagel" que ameaza o multiverso.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Michelle Yeoh como Evelyn Quan Wang
- Stephanie Hsu como Joy Wang, filla de Evelyn
- Ke Huy Quan como Waymond Wang, marido de Evelyn
- James Hong como Gong Gong (en cantonés, "avó"),[4] pai de Evelyn
- Jamie Lee Curtis como Deirdre Beaubeirdre, inspectora da IRS inspector
- Jenny Slate como Debbie the Dog Mom, clienta da lavandaría[5]
- Harry Shum Jr. como Chad
- Tallie Medel como Becky Sregor, moza de Joy
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Everything Everywhere All at Once". BBFC.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 21 de maio de 2022.
Cinema 140m 0s
- ↑ Buchanan, Kyle (21 de outubro de 2022). "Everything Everywhere, All Through Awards Season?". The New York Times. Consultado o 25 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Everything Everywhere All at Once". Box Office Mojo. Consultado o 27 de decembro de 2022.
- ↑ Goh, Clement (14 de abril de 2022). "Everything Everywhere All at Once (2022) Review". CGMagazine. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2022. Consultado o 23 de abril de 2022.
- ↑ Lussier, Germain (4 de maio de 2022). "Everything Everywhere All at Once Will Change a Problematic Credit for Its Digital Release". Gizmodo. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2022. Consultado o 5 de maio de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2022
- Filmes en lingua cantonesa
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua mandarín
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes ambientados nos Estados Unidos de América
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de artes marciais
- Filmes de comedia dos Estados Unidos de América
- Filmes sobre o matrimonio
- Filmes sobre inmigración
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes independentes dos Estados Unidos de América
- Óscar ó mellor filme