Fernandel
Fernandel é o nome artístico co que era coñecido Fernand Joseph Désiré Contandin, nado en Marsella o 8 de maio de 1903 e finado en París o 26 de febreiro de 1971. Foi un actor, cómico e cantante francés de orixe occitana,[1] que comezou no vodevil e na opereta, onde gañou popularidade pouco a pouco. O seu nome artístico provén do seu matrimonio con Henriette Manse, a irmá do seu mellor amigo e colaborador de cine Jean Manse. Tan atento era coa súa muller que a súa sogra referíase a el como Fernand d'elle ("o seu Fernand").[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1930, Fernandel apareceu no seu primeiro filme e, a continuación converteuse no principal actor cómico de Francia. A súa carreira de actor durou preto de corenta anos. Fernandel estaba orgulloso da súa cara de cabalo e os dentes grandes que lle daban un carácter inconfundible cando ría ou se anoxaba.
O papel de Fernandel que máis o caracterizou e o que máis gustou ó público foi a representación da figura do irascible sacerdote italiano da aldea que sempre estaba confrontado co conselleiro comunista na serie de filmes Don Camillo.[4]
Fernandel actuou con outros comediantes famosos, como Bourvil ("La cuisine au Beurre") e tamén coproduciu algúns dos seus filmes.
Contra a fin da súa carreira activa, Fernandel apareceu nalgún filme de Hollywood. No ano 1956, participou con David Niven na Volta ao mundo en oitenta días no papel do condutor. A continuación, actuou tamén con Bob Hope e Anita Ekberg na comedia Paris Holiday.
Fernandel morreu de cancro de pulmón e foi enterrado no cemiterio de Passy en París.[5].
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]- 1931. On purge bébé. Director: Jean Renoir.
- 1937. Un carnet de bal. Director: Julien Duvivier
- 1951. Le petit monde de Don Camillo. Director: Julien Duvivier
- 1952. Le boulanger de Valorgue. Director: Henri Verneuil
- 1953. Le retour de Don Camillo. Director: Julien Duvivier
- 1954. Ali Baba et les quarante voleurs. Director: Jacques Becker
- 1955. Don Camillo e l'onorevole Peppone. Director: Carmine Gallone
- 1956. El Amor de don Juan. Director: John Berry
- 1956. A volta ao mundo en oitenta días. Director: Michael Anderson
- 1957. L'homme à l'imperméable. Director: Julien Duvivier
- 1957. Vacances a París (Paris Holiday)
- 1961. Don Camillo monsignore ma non troppo. Director: Carmine Gallone
- 1961. Il giudizio universale. Director: Vittorio De Sica
- 1963. Cuinar amb mantega
- 1965. Il compagno Don Camillo. Director: Luigi Comencini
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Le borgate". comune.perosaargentina.to (en italiano). Comune di Perosa Argentina. 28 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2015.
- ↑ Fernandel 1903–1971 (biography) Arquivado 03 de novembro de 2014 en Wayback Machine.. French Film Guide.
- ↑ Dayna Oscherwitz; MaryEllen Higgins (2009). The A to Z of French Cinema. Scarecrow Press. pp. 162–. ISBN 978-0-8108-7038-3.
- ↑ "Fernandel, biographie et filmographie". encinematheque.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2010. Consultado o 28 de novembro de 2010.
- ↑ Biographie sur fernandel.online.fr
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernandel |