Saltar ao contido

Fernando I de Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando I de Austria

(1843) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Ferdinand I. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1793 Editar o valor en Wikidata
Viena (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xuño de 1875 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Praga (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Imperial de Viena Editar o valor en Wikidata
Imperador da Áustria (pt) Traducir
2 de marzo de 1835 – 2 de decembro de 1848
← Francisco I de AustriaArquiduque Francisco Xosé →
Rei Apostólico de Hungría
2 de marzo de 1835 – 2 de decembro de 1848
← Francisco I de AustriaArquiduque Francisco Xosé →
Rei de Bohemia
1835 – 1848
← Francisco I de AustriaArquiduque Francisco Xosé → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Ploskovice (pt) Traducir
Zákupy (pt) Traducir
Cementerio de Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo-Lorena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria Ana de Saboia (1831, 1831–1875) Editar o valor en Wikidata
Fillossen valor Editar o valor en Wikidata
PaisFrancisco I de Austria Editar o valor en Wikidata  e Maria Teresa da Sicília Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría Leopoldina de Austria
Maria Clementina da Áustria
María Luísa de Austria
Maria Carolina da Áustria
Maria Ana da Áustria
Francisco Carlos da Áustria
Archduke Johann Nepomuk of Austria
José Francisco da Áustria
Archduchess Caroline Ludovika of Austria
Archduchess Amalie Theresa of Austria
Archduchess Marie Caroline of Austria
Archduchess Ludovika Elisabeth of Austria Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
6 de setembro de 1838Coronation of Ferdinand I of Austria as King of Lombardy-Venetia (en) Traducir
7 de setembro de 1836coronation of Ferdinand I of Austria as King of Bohemia (en) Traducir
28 de setembro de 1830coronation of Crown Prince Ferdinand of Austria as king of Hungary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie
Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (vol:4, 6, p.182, 197) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Habsburg-Lothringen-17 Find a Grave: 22121 Editar o valor en Wikidata

Fernando I de Habsburgo-Lorena. Nado en Viena o 19 de abril de 1793 e finado en Praga, o 29 de xuño de 1875. Segundo Emperador de Austria (1835-1848), ademais de Rei de Bohemia (1835-1848) e de Hungría (1835-1848) co nome de Fernando V. Casou en 1831 coa princesa María Ana de Savoia, (1803-1884) mais non tiveron descendencia.

Enfermidade e incapacidade

[editar | editar a fonte]

Primoxénito e sucesor do emperador Francisco I. Debido á consanguinidade dos seus pais padeceu de debilidade mental e ademais sufría ataques de epilepsia. Polo tanto, contou coa rexencia secreta dun consello por decisión do chanceler Klemens von Metternich, que exercía realmente o poder, xunto ao Arquiduque Luis e o Conde Kolowart. Isto fíxose para evitar que a declaración de incapacidade puidese ser outro factor que puxese en risco ao absolutismo. Non obstante o emperador levou un diario coherente no que en ocasións se encontran ata 20 entradas ao día. A pesar de todo parece que as súas capacidades intelectuais eran bastante limitadas.

Matrimoño

[editar | editar a fonte]
María Ana de Savoia (1803 - 1884), dona de Fernando I de Austria, retratada por Johann Nepomuk Ender.

O 12 de febreiro de 1831 casou en Turín coa súa prima a princesa María Ana de Savoia, filla de Vítor Manuel I de Sardeña e da súa esposa, a arquiduquesa María Teresa de Austria-Leste. Non tivo descendencia, e sospéitase que nin sequera consumou o matrimonio.[1] Foi sucedido no trono polo seu sobriño Francisco Xosé I, en quen abdicou.[2]

Revolución de 1848

[editar | editar a fonte]

Cando os revolucionarios se encamiñaban ao pazo o emperador pediu a Metternich unha explicación acerca do que estaba a suceder, ao que o Primeiro Ministro respondeu "Están a facer unha Revolución", ao que o emperador, ao parecer respondeu: Xa, Pero teñen permiso? (Ja, dürfen's denn des?).

A pesar diso, tras a Revolución de 1848, que se saldou coa caída de Metternich, e aconsellada a familia do monarca polo príncipe Félix de Schwarzenberg, que se fixo cargo do poder, obrigóuselle a abdicar no seu sobriño o arquiduque Francisco Xosé, que reinaría durante 68 anos.[2] No seu diario Fernando escribiu:

O asunto rematou co novo Emperador axeonllado ante o seu vello emperador e Señor, debo dicir, eu, pedíndolle a súa bendición, a cal dei, poñendo ambas as dúas mans sobre a súa cabeza e facendo o signo da Santa Cruz... entón abraceino e biquei o noso novo Señor, e fomos ao noso cuarto. Despois de todo isto, Yo e a miña querida esposa oímos Santa Misa... máis tarde eu e a miña querida esposa fixemos as maletas.

Últimos días

[editar | editar a fonte]

Pasou o resto da súa vida residindo no Castelo de Praga, dada a súa predilección por Bohemia, foi ademais o último rei deste territorio coroado como tal. Como Rei de Bohemia coñecíaselle como "Fernando V, o Bo" (Ferdinand Dobrotivý). En Austria, chamábaselle Ferdinand der Gütige (Fernando o Benigno), pero ridiculizábaselle chamándoo ás veces Gütinand der Fertige (Bueninando o Acabado).

Á súa morte, os seus restos foron trasladados á Cripta Imperial de Viena (Kaisergruft).

  1. van der Kiste, John: Emperor Francis Joseph, Sutton Publishing London, 2005 ISBN 0-7509-3787-4, p 2
  2. 2,0 2,1 Christian Dickinger: Franz Joseph I. Die Entmythisierung. Verlag Ueberreuter, Wien 2002, ISBN 3-8000-3858-7; S. 77.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Francisco I

Rei de Hungría

18301848
Sucesor:
Francisco Xosé I
Predecesor:
Francisco I

Rei de Bohemia

18351848
Sucesor:
Francisco Xosé I
Predecesor:
Francisco I

Emperador de Austria

1835 - 1848
Sucesor:
Francisco Xosé I