Francisco Gómez Núñez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1912 Celeiro, España |
Morte | 1995 (82/83 anos) Viveiro, España |
Outros nomes | Trotsky Penabad |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Cronoloxía | |
13 de decembro de 1946-20 de decembro de 1946 | evasión do Santa Teresa |
Francisco Gómez Núñez, Trotsky ou Penabad, nado en Celeiro (Viveiro) o 13 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello en 1995, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mariñeiro. Na II República foi membro do Sindicato Único de Oficios Varios de Viveiro, afecto á CNT. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou nos intentos de resistencia ao golpe, marchou a Coruña, e despois botouse ao monte con José Neira Fernández. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e declarado en rebeldía. Afiliouse ao PCE en 1942. Logo da morte de Neira pertenceu á III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, onde estivo destinado á partida que operou na Terra de Melide e a Ulloa comandada por Ramón Rodríguez Varela "Curuxás", e despois á IV Agrupación no grupo de Leonardo Gómez Pérez. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros 21 guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Instalouse en Grenoble. Finou en Viveiro en 1995.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. pp. 199–201. ISBN 84-87783-79-1.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 77. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]