Francisco Somoza de Monsoriu
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVIII Cabreira, España |
Morte | 1809 valor descoñecido |
Rexedor A Coruña | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xurista, político |
Francisco Somoza de Monsoriu, nado en Cabreira (Mera), na segunda metade do século XVIII e finado en 1809, foi un escritor, xurista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia fidalga estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Neste oficio desempeñouse como avogado, procurador xeral, e decano do colexio de avogados da Real Audiencia de Galicia. Foi nomeado rexedor perpetuo da cidade da Coruña.
Publicou en 1775 a súa única obra coñecida: Estorbos y remedios de la riqueza de Galicia. Discurso político legal[1], na que analiza a situación económica da Galiza do seu tempo, deixando patente a súa preocupación polas clases sociais máis desfavorecidas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Somoza de Monsoriu, Francisco (1775). "Estorvos i remedios de la riqueza de Galicia : discurso politico legal / que escrive el Lic. Francisco Somoza de Monsoriu".
- ↑ "Somoza de Monsoriu, Francisco". biblioteca.galiciana.gal. 2011-06-06. Consultado o 2023-02-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cota, Rodrigo (4 de febreiro de 2020). "Estorbos y remedios". El Progreso.