Frans Hals
Frans Hals, nado en Anveres en 1580? ou 1585? e finado en Haarlem o 26 de agosto de 1666, foi un pintor neerlandés da escola barroca flamenga.
Foi un dos grandes mestres na arte do retrato. Esperta grande admiración pola brillantez na representación da luz e a liberdade no manexo dos pinceis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sombras na súa biografía
[editar | editar a fonte]A escaseza de documentos e a ausencia total de escritos persoais de Frans Hals fan que a súa personalidade e a súa vida permanezan un pouco na escuridade. Hai varias datas hipotéticas sobre o seu nacemento, que puido ser cara a 1582-1583, deducidas da idade que os seus biógrafos calculan que tería cando morreu, aínda que con seguridade naceu na cidade flamenga de Anveres. Abandonaría esta cidade coa súa familia poucos anos despois, trasladándose a Haarlem. Xa en 1591 foi bautizado alí o seu irmán Dirck, que tamén se dedicaría á pintura.
Logo da caída de Anveres a mans das tropas españolas na guerra dos Oitenta Anos, que supuxo a fragmentación de Flandres, a súa familia instalouse en Haarlem, na zona norte, de onde os seus pais eran orixinarios. En devandita cidade viviu Hals toda a súa vida. A biografía do pintor corre en paralelo coa independencia dos Países Baixos da monarquía española.
Os estudos máis recentes desterraran a idea que sobre o pintor se tiña desde antigo sobre unha vida libertina e un incorrexible vicio polo alcohol. Hals pertencía á asociación oratoria De Wijngaertranken e á milicia cívica de San Xurxo, e era tamén membro da cámara de reutores e presidente desde 1644 do gremio de pintores de Haarlem. A rectitude e puritanismo destas sociedades non encaixa con que Hals tivese malos costumes e vicios coñecidos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frans Hals |