Friedrich von Kenner
Placa de 1899 co busto de Friedrich von Kenner [1] | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1834. Linz, Austria |
Morte | 28 de novembro de 1922. Viena Austria |
Lugar de sepultura | Cemiterio central de Viena. |
País de nacionalidade | Austríaca |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | historiador da arte, arqueólogo, numismático |
Membro de | |
Premios | |
1902: Salvatormedaille. 1910: Medalla da RNS. | |
Descrito pola fonte | Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) , (vol:11, p.166) Biographisches Lexikon des Landes Österreich ob der Enns (en) , (p.150) >>>:Kenner, Friedrich, |
Friedrich von Kenner, nado en Linz o 15 de xullo de 1834 e finado en Viena o 28 de novembro de 1922, foi un arqueólogo e numismático austríaco especializado na moeda romana, vinculado ao Gabinete Numismático de Viena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Friedrich Kenner naceu o 15 de xullo de 1834 na vivenda familiar da rúa Klostergasse de Linz, nunha familia con vinculacións artísticas. Era o oitavo dos nove fillos de Anna Kreil (nada en 1803) e de Joseph Kenner (1794-1868) un alto funcionario imperial coñecido como o poeta da Alta Austria.[2][3][4] Do seu pai herdou o interese pola numismática, xa que este foi o encargado da colección de moedas da Asociación de Museos da Alta Austria, da que era secretario.[5]
Logo de estudar na Escola de Secundaria de Linz, en 1853 comezou os a súa formación superior de Historia e Estudos Clásicos na Universidade de Viena, onde acadou o doutoramento en 1858.[2][6][7]
En 1854 comezou a traballar como colaborador no Gabinete Imperial de Moedas e Antigüidades de Viena e alí permaneceu ata a súa xubilación en 1899. En 1854 foi nomeado asistente científico, en 1862 conservador e en 1883 asumiu o cargo de director do Gabinete,[7] logo do falecemento do seu antecesor, Eduard Freiherr von Sacken.[2][8]
Kenners realizou diversas viaxes por Italia, Francia e Alemaña que foron de particular importancia na súa formación como arqueólogo.[6]
Os centros de interese de Kenners foron a moeda da Antiga Roma e a investigación dos solos nas zonas de Viena e a Baixa Austria. Foi impulsor do Museo Vindobonense e da exploración do Limes austríaco. As súas numerosas publicacións documentan os achados romanos no solo vienés.[2][7]
Entre outras entidades asociativas e académicas, en 1864 ingresou na Academia Austríaca de Ciencias como membro correspondente e en 1872 como membro pleno.[9] En 1870 pasou a formar parte tamén da Academia de Belas Artes de Viena. Así mesmo, foi membro do Instituto Arqueolóxico Alemán e da Comisión Central de Arte e Monumentos Históricos.[7] Kenner foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Austríaca; entre 1870 e 1919 formou parte da súa xunta directiva e a partir dese ano foi nomeado membro honorario.[2][8][10][11]
En 1899, con motivo da súa xubilación e dos 30 anos de pertenza, a Sociedade Numismática de Viena honrouno cunha medalla-placa co seu busto e a súa data de nacemento, coa lenda DIE NUMISMATISCHE / GESELLSCHAFT IN WIEN / IHREM VEREHRTEN / MITGLIEDE ("A Sociedade Numismática de Viena ao seu honorable membro)". A placa está asinada polo medallista Rudolf Marschall.[12][13][14][15]
Logo da súa xubilación como director do Gabinete de Moedas e Antigüidades de Viena, esta institución dividiuse en tres seccións: unha para a colección de antigüidades clásicas, outra para a de moeda antiga, que pasou a estar dirixida por Wilhelm Kubitschek, e outra para a de moeda medieval e moderna, na que foi sucedido por Karl Domanig.[16]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Kenner casou o 2 de xullo de 1877 cunha curmá súa, Josefa Magdalena Hassler von Ostfeld-Kreil (1852-1913), na capela do vicariato de St. Georgen im Attergau, e non tivo descendencia.[9][17]
Faleceu na súa residencia da rúa Traungasse, en Viena, o 28 de novembro de 1922, e foi soterrado no cemiterio central da cidade.[9][16]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Honras
[editar | editar a fonte]- 1873: Cruz de Cabaleiro da Orde de Francisco Xosé.[16]
- 1888: Cruz da Orde da Coroa de Ferro (3ª clase).[16]
- 1891: Nomeado Conselleiro Imperial e do Goberno Real.[16]
- 1899: Cruz de Cabaleiro da Orde de San Leopoldo.[16]
- 1908: Condición de nobreza hereditaria, co título de "Edler".[16]
- 1925: Denominación da rúa Kennergasse en Viena.[18]
- 1958: Denominación da rúa Kennerwegs en Linz.[19]
Premios
[editar | editar a fonte]- 1902: Dobre medalla de ouro Salvatormedaille.[2]
- 1910: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[20]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos máis salientables publicados por Friedrich Edler von Kenner ao longo da súa carreira.[21][22]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1864). Joseph Ritter von Arneth. Eine biographische Skizze. Viena.
- (1864). Uebersicht der Sammlungen des k. k. Münz- und Antiken-Cabinets. Viena.
- (1866). Die antiken Sculpturwerke und Inschriftsteine des K. K. Münz- und Antiken-Cabinetes. Braumüller, Viena.
- (1866). Die Sammlungen des K. K. Münz- und Antiken-Cabinetes. Braumüller, Viena.
- (1868). Verzeichniss der ägyptischen Alterthümer des k. k. Münz- und Antiken-Kabinetes. Sommer, Viena.
- (1871). Die Münzsammlung des Stiftes St. Florian in Ober-Oesterreich. Braumüller, Viena.
- (1871). Joseph Hilarius von Eckhel. Gesellschaft, Viena.
- (1872). Über die römische reichsstrasse von Virunum nach Ovilaba und über die ausgrabungen in Windisch-Garsten. Gerold, Viena.
- (1875). Inschriften aus der Vardarschlucht. Gerold, Viena.
- (1900). Bericht über römische Funde in Wien in den Jahren 1896 bis 1900. Hof- und Staatsdruckerei, Viena.
- (1903). Der Altertums-Verein zu Wien (1853-1903). Festvortrag zu seinem 50-jährigen Jubiläum. Brzezowsky, Viena.
Artigos
[editar | editar a fonte]- (1870). "Noricum und Pannonia [..]. ". En Berichte und Mittheilungen des Alterthums-Vereines zu Wien. Vol. 11. Páxinas 1-146.
- (1886). "Moneta Augusti". En Numismatische Zeitschrift. Vol. 18. Österreichische Numismatische Gesellschaft, Viena Páxinas 7-42.
- (1889). "Il medaglione romano". En Rivista italiana di numismatica, 1889. Società numismatica italiana. Páxinas 83-286.
- (1893-1897). "Die Porträtsammlung des Erzherzogs Ferdinand von Tirol". En Jahrbuch der Kunsthistorischen Sammlungen des Allerhöchsten Kaiserhauses. Vol. 14-1 Arquivado 22 de novembro de 2021 en Wayback Machine. (1893), páxinas 37-186; Vol. 15-1 (1894), páxinas 147-259; Vol. 17-1 (1896), páxinas 101-274; Vol. 18-1 (1897), páxinas 135-216.
- (1904). "Römische Funde in Wien aus den Jahren 1901 bis 1903". En Jahrbuch der K. K. Zentral-Kommission für Erforschung und Erhaltung der Kunst- und historischen Denkmale. Vol. 2-1. Páxinas 103-170.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Marschall, Rudolf: Friedrich Kenner". Digitale Münzkabinett des Instituts für Klassische Archäologie. Universität Tübingen.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Postel, R. (1977).
- ↑ ÖBL (1965). "Kenner, Joseph (1794-1868), Schriftsteller".
- ↑ Hauser, P. (1984). Páxinas 203-204, 208.
- ↑ Hauser, P. (1984). Páxinas 203-204.
- ↑ 6,0 6,1 Hauser, P. (1984). Páxina 204.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 ÖBL (1965). "Kenner, Friedrich von (1834-1922), Archäologe"
- ↑ 8,0 8,1 Hauser, P. (1984). Páxina 206.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 "Dr. Friedrich Edler von Kenner". http://www.viennatouristguide.at/
- ↑ Koch, B. (1970). "Festschrift 100 Jahre Österreichische Numismatische Gesellschaft. 1870-1970". En Numismatische Zeitschrift. 84/85.
- ↑ "Österreichische Numismatische Gesellschaft". Wien Geschichte Wiki.
- ↑ Krmnicek, S.; Gaidys, M. (2020). "Kat. 23 Friedrich Kenner". En Gelehrtenbilder. Altertumswissenschaftler auf Medaillen des 19. Jahrhunderts. Universität Tübingen. Páxina 64
- ↑ "Marschall, Rudolf: Friedrich Kenner". Digitale Münzkabinett des Instituts für Klassische Archäologie. Universität Tübingen.
- ↑ Von Wurzbach-Tannenberg, W. R. (1943). Katalog meiner Sammlung von Medaillen, Plaketten und Jetons. Nº 4594.
- ↑ Hauser, P. (1984). Páxinas 206-207.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 Hauser, P. (1984). Páxina 207.
- ↑ Hauser, P. (1984). Páxinas 206, 207, 208.
- ↑ "Kennergasse 10: Der Name". Stadt Wien. Wiener Wohnen.
- ↑ "Kennerweg Arquivado 30 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". Stadtgeschichte Linz.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Kenner, Friedrich 1834-1922 Arquivado 22 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Kenner, Friedrich". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Friedrich von Kenner |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hauser, P. (1984). "Zum 150. Geburtstag des numismatikers Dr. Friedrich Kenner". En Jahrbuch des Oberösterreichischen Musealvereines. Vol.129a. Páxinas 203-210.
- Krackowizer, F.; Berger, F. (1931). "Kenner, Friedrich". En Biographisches Lexikon des Landes Österreich ob der Enns [...]. Institut für Ostbairische Heimatforschung. Páxina 150.
- ÖBL (1965). "Kenner, Friedrich von (1834-1922), Archäologe". Österreichisches Biographisches Lexikon 1815-1950 (ÖBL). Tomo III (1965). Páxina 295
- Postel, R. (1977). "Kenner, Friedrich von". En Neue Deutsche Biographie (NDB). Tomo 11. Duncker & Humblot, Berlín. Páxina 493-494. ISBN 3-428-00192-3.
- Von Wurzbach, C. (1864). "Kenner, Friedrich". En Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich. Tomo 11. Viena. Páxinas 166-167.