Furafollas ibérico
Furafollas ibérico Sorex granarius | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Sorex granarius Sorex (Sorex) granarius Miller, 1910 | |||||||||||||||||||||
Distribución de Sorex granarius en Galicia
|
O furafollas ibérico (Sorex granarius) é unha especie de mamífero da orde dos soricomorfos, familia dos sorícidos, subfamilia dos soricinos e tribo dos soricininos,[1] endémica da Península Ibérica.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrita inicialmente en 1910 polo zoólogo estadounidense Gerrit Smith Miller como unha subespecie de Sorex araneus, Sorex araneus granarius,[2] foi elevada á categoría de especie en 1975 por Hausser et al.,[2] debido ás súas características cariolóxicas e morfolóxicas.
Características
[editar | editar a fonte]A súa pelaxe é de cor marrón escura carecendo de banda mediodorsal escura e o bandullo é gris amarelento. A lonxitude de testa e corpo é duns catro centímetros, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede os seis gramos. Ten as puntas dos dentes de cor vermella aínda que xeralmente, a diferenza de S. araneus e S. coronatus, os incisivos superiores amosan unha tonalidade máis clara.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É un endemismo ibérico. Distribúese ao longo do Sistema Central, dende a Serra de Ayllón á Serra da Estrela, (Portugal), espallándose cara ao norte dende o río Texo ata Galicia. Queda por confirmar a súa presenza ao norte do Sistema Ibérico e en certos enclaves da Cordilleira Cantábrica.
As áreas ocupadas polo furafollas ibérico (ou musaraña ibérica, como se coñece en castelán) caracterízanse por ter unha temperatura media anual de entre 3º e 15 °C, con invernos fríos ou moi fríos, e unha precipitación superior aos 600 mm.
No Sistema Central, a especie localízase nos niveis supra- e oromediterráneo, dende os 500 aos 2.000 m. É frecuente en faias, piñeirais, caralleiras e aciñeirais, así como naquelas zonas nas que o bosque autóctono foi substituído por campos ou bosques de Castanea sativa ou Pinus pinaster.
En Portugal está presente en case todos os hábitat arbustivos. No norte deste país e en Galicia, a especie penetra na rexión eurosiberiana, onde ocupa carballeiras e plantacións de Eucalyptus sp. e Pinus pinaster.
No Sistema Ibérico, mencionouse a súa presenza entre os 1.000 e 1.700 metros de altitude, en carballeiras, faiais e sabinais.
Situación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualificou o status desta especie como LC (pouco preeocupante), xa que non parece que estea ameazada, e aínda que non existen estudos suficientes, a extensión xeográfica das súas poboacións non fai temer polo seu estado.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Soricini en MSW.
- ↑ 2,0 2,1 Garcia-Perea, Rosa; Ventura, Jacint; Lopez-Fuster, M. Jose; Gisbert, Julio (1997-05-09). "Sorex granarius". Mammalian Species (554): 1. doi:10.2307/3504323.
- ↑ Palomo, L. J.; Amori, G. & Hutterer, R. (2008): Sorex granarius na Lista vermella da UICN.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Furafollas ibérico |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Furafollas ibérico |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96893-20-7.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals: Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- SGHN (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I. Peixes, Anfibios, Réptiles e Mamíferos. Santiago de Compostela: Sociedade Galega de Historia Natural / Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-89-X.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mª José López-Fuster: Sorex granarius Miller, 1910 en Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Inventario Español de Especies Terrestres. Con informacións, detallado mapa de distribución e bibliografía (en castelán).
- Sorex granarius na ADW.
- Sorex granarius na EOL.