Gerhard Wülker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1885 Leipzig, Alemaña |
Morte | 1930 (44/45 anos) |
Educación | Universidade de Heidelberg Universidade de Leipzig Universidade de Kiel (pt) |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo, malacólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Wülker |
Gerhard Konrad Wülker, nado o 5 de novembro de 1885 en Leipzig, e finado en 1930, foi un zoólogo alemán especializado en malacoloxía e no estudo dos nematodos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gerhard Wülker era fillo do profesor de inglés da Universidade de Leipzig Richard Wülker e da súa muller Gertrude Lagne, filla do filólogo Ludwig Lange.
G. Wülker estudou o bacharelato en Leipzig, obtendo o seu título en 1904.[1] Despois estudou ciencias naturais nas Universidades de Leipzig, Heidelberg e Kiel.
Wülker publicou desde 1910 a 1920 traballos sobre os cefalópodos. No deste último ano descibiu no novo xénero Alloteuthis. Máis tarde publicou outros sobre os insectos e os nematodos.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Artigos
[editar | editar a fonte]- 1910 — "Über Japanische Cephalopoden. Beiträge zur Kenntnis der Systematik und Anatomie der Dibranchiaten". Abhandlungen der mathematisch-physikalischen Klasse der Koeniglich Bayerischen Akademie der Wissenschaften, 3 (Suppl. 1): 1-77.
- 1913 — "Cephalopoden der Aru- und Kei-Inseln. Anhang: Revision der Gattung Sepioteuthis". Abhandlungen der Senckenbergischen Naturforschenden Gesellschaft, 34: 451-488.
- 1920 — "Über Cephalopoden des Roten Meeres". Senckenbergiana, 2 (1): 48-58.
- 1923 — "Über Fortpflanzung und Entwicklung von Allantonema und verwandten Nematoden". Ergebn. Fortschr. d. Zool. 5: 389-507.
- 1928 — "Zur Kenntnis der Stachelbeerblattwespen". Z. angew. Entomol. 13: 419-450.
- 1929 — "Der Wirtswechsel der parasitischen Nematoden von Meeresfischen". Verh. Dtsch. Zool. Ges. 33: 147-157.
- 1929 — "Die Entstehung der Parasitismus bei den Nematoden". Arch. Schiffs- und Tropenhygiene 33 188-200.
- 1930 — "Über Nematoden aus Nordseetieren". Zool. Anz. 87: 293-302 e 88: 1-16.
Libros
[editar | editar a fonte]- 1924 — Nematodes. Fadenwürmer. Biologie der Tiere Deutschlands. 8 vol. Berlin: Verlag Gebrüder Borntr.
- 1929 — Leitfaden zur Untersuchung der tierischen Parasiten des Menschen und der Haustiere: Zugl. Neuaufl. d. gleichnamigen Leitfadens v. Braun u. Lühe / Eduard Reichenow. Leipzig: Kabitzsch.
Epónimo
[editar | editar a fonte]Na súa homenaxe, unha especie de cefalópodo do xénero Grimpoteuthis foi bautizada como Grimpoteuthis wuelkeri.
Abreviatiura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Wülker emprégase para recoñecer a Gerhard Wülker como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ König Albert-Gymnasium (bis 1900 Königliches Gymnasium) in Leipzig: Schüler-Album 1880-1904/05, Friedrich Gröber, Leipzig 1905.