Saltar ao contido

Golfo de Roses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGolfo de Roses
Imaxe
TipoGolfo Editar o valor en Wikidata
Parte deMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAlt Empordà, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°11′00″N 3°11′00″L / 42.18333, 3.18333
O golfo de Roses desde o castelo de Sant Salvador

O golfo de Roses é un golfo situado na costa do Alt Empordà, ao norte da Costa Brava, que se abre ao mar Mediterráneo entre o sur da península do cabo de Creus e o macizo do Montgrí.

É o principal golfo da costa de Cataluña e constitúe a saída natural ao mar da comarca e das terras de Xirona. Toma o nome da vila de Roses, a poboación máis importante da súa costa. A miúdo é chamado impropiamente baía de Roses debido á concorrencia de significados noutras linguas.