Gran Premio de Acerbaixán
Nome na lingua orixinal | (en) Azerbaijan Grand Prix |
---|---|
Tipo | evento deportivo recorrente |
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Bakú (Bakú) 40°22′N 49°51′L / 40.37, 49.85 |
Lonxitude | 6,003 km |
País | Acerbaixán |
Vixencia | 2017 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Sergio Pérez Mendoza (2021) |
O Gran Premio de Acerbaixán (azarí: Azərbaycan Qran Prisi) é un evento de carreiras de motor de Fórmula Un que se celebrou por primeira vez en 2017.[1][2] Celébrase no circuíto urbano de Bakú, un circuíto urbano en Bakú, a capital de Acerbaixán.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou en Acerbaixán foi o Gran Premio de Europa de 2016, que tivo lugar no Circuíto urbano de Bakú. Un ano despois, no 2017, a mesma sede acolleu o primeiro Gran Premio de Acerbaixán. A carreira celebrouse o 25 de xuño e foi unha das cinco carreiras que se disputaron nun circuíto urbano durante a tempada de Fórmula Un de 2017, xunto con Singapur, Mónaco, Gran Premio de Australia e Gran Premio do Canadá. O primeiro gañador do Gran Premio de Acerbaixán foi Daniel Ricciardo de Red Bull.[3]
O Gran Premio de Acerbaixán de 2018 tivo lugar o 29 de abril como a cuarta proba da tempada de 2018 e gañouno Lewis Hamilton.[4]
O Gran Premio de Acerbaixán de 2019 celebrouse o 28 de abril como a cuarta proba da tempada do 2019. En marzo de 2020, a carreira aprazouse debido á pandemia de COVID-19, antes de ser cancelada a finais de ano. O Gran Premio de Acerbaixán de 2021 foi a sexta proba da tempada do 2021.
Ningún piloto de Fórmula 1 gañou dúas veces en Bakú ata o momento, aínda que a carreira gañouna dúas veces Mercedes (2018 e 2019) e tres veces por Red Bull Racing (2017, 2021 e 2022).
Gañadores
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FIA Announces World Motorsports Council decisions". Fédération Internationale de l'Automobile. 30 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ "No German Grand Prix on F1 2017 calendar but Azerbaijan race is official". The Guardian. Reuters. 30 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ [1][Ligazón morta] Daniel Ricciardo of Red Bull grabbed his first win of the 2017 Formula 1 campaign during Sunday's Azerbaijan Grand Prix
- ↑ [2] Lewis Hamilton wins Azerbaijan Grand Prix after Red Bulls suffer calamity
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Acerbaixán |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |