Gran Premio de Suráfrica de 1980
Nome na lingua orixinal | (en) XXVIth Nashua Grand Prix of South Africa |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Suráfrica |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 |
Distancia do evento | 78 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Kyalami (Midrand (en) ) 25°59′53″S 28°04′08″L / -25.99803, 28.06892 |
País | Suráfrica |
Data | 1 de marzo de 1980 |
Competición | |
Primeiro posto | René Arnoux |
Pole position | Jean-Pierre Jabouille |
Volta máis rápida | René Arnoux |
O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1980, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 1 de marzo de 1980. Foi a terceira rolda da tempada de Fórmula Un de 1980. Foi o 26º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo terceiro que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 320 quilómetros.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]A carreira foi gañada polo piloto francés René Arnoux pilotando un Renault RE20. Foi a segunda vitoria no Campionato Mundial de Arnoux logo da súa vitoria na carreira anterior de Brasil. Arnoux gañou por 34 segundos sobre o seu compatriota francés, o piloto Jacques Laffite que pilotaba un Ligier JS11/15. O compañeiro de Laffite no equipo Ligier, Didier Pironi, foi terceiro, completando un podio totalmente francés. Esta foi a primeira carreira desde o Gran Premio dos Estados Unidos de 1968 en ter un podio formado por pilotos dun só país. Os tres pilotos tamén pilotaban coches franceses.
A carreira foi, ademais, notable debido a dous accidentes durante a cualificación. O piloto francés Alain Prost rompeuse a boneca cando estrelou o seu McLaren M29 nas Esses logo dun fallo na suspensión. O piloto suízo Marc Surer resultou ferido moi grave cando estrelou o novo ATS D4 na curva Crowthorne ao final da recta. Surer sufriu graves feridas nas súas pernas. Ningún comezou a carreira, Prost tamén faltou na seguinte carreira, e Surer nas seguintes tres carreiras.[1][2] O novo ATS D4 estaba demasiado danado para ser reparado e con Surer lesionado, deixaron ao piloto holandés Jan Lammers un ATS D3 para tratar de cualificar.
Do mesmo xeito que na anterior carreira no Brasil, a altitude deu os Renault sobrealimentados unha vantaxe dominante en velocidade. En terceiro lugar na grella, Nelson Piquet estaba case dous segundos por detrás na clasificación no seu Brabham BT49. Jean-Pierre Jabouille e Arnoux lideraron durante gran parte da carreira ata que Jabouille sufriu unha picada na roda. Os Ligiers subiron ao podio e Alan Jones perdeu o liderado no campionato co seu Williams FW07B. Piquet terminou cuarto por diante de Carlos Reutemann no segundo Williams. O último punto foi para Jochen Mass no seu Arrows A3.
Trece coches terminaron a carreira malia que o Alfa Romeo 179 de Patrick Depailler quedou demasiado lonxe para clasificarse. Geoff Les clasificouse 13º aínda que estrelou o seu Shadow DN11 ao final da carreira.
Arnoux converteuse no novo líder por puntos do campionato, cinco puntos máis que Jones e nove por diante de Piquet. Do mesmo xeito Renault pasou a liderar o campionato de construtores por diante de Williams.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 16 | René Arnoux | Renault | 78 | 1:36:52.54 | 2 | 9 |
2 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Ford | 78 | +34.07 | 4 | 6 |
3 | 25 | Didier Pironi | Ligier-Ford | 78 | +52.49 | 5 | 4 |
4 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 78 | +1:01.02 | 3 | 3 |
5 | 28 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 77 | +1 volta | 6 | 2 |
6 | 30 | Jochen Mass | Arrows-Ford | 77 | +1 volta | 19 | 1 |
7 | 3 | Jean-Pierre Jarier | Tyrrell-Ford | 77 | +1 volta | 13 | |
8 | 20 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 77 | +1 volta | 18 | |
9 | 14 | Clay Regazzoni | Ensign-Ford | 77 | +1 volta | 20 | |
10 | 6 | Ricardo Zunino | Brabham-Ford | 77 | +1 volta | 17 | |
11 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 76 | +2 voltas | 21 | |
12 | 11 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 76 | +2 voltas | 15 | |
13 | 17 | Geoff Lees | Shadow-Ford | 70 | Suspensión | 24 | |
Ret | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 69 | Motor | 12 | |
Ret | 15 | Jean-Pierre Jabouille | Renault | 61 | Picada | 1 | |
Ret | 4 | Derek Daly | Tyrrell-Ford | 61 | Picada | 16 | |
Ret | 21 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | 58 | Accidente | 23 | |
NC | 22 | Patrick Depailler | Alfa Romeo | 53 | Non clasificado | 7 | |
Ret | 27 | Alan Jones | Williams-Ford | 34 | Caixa de cambios | 8 | |
Ret | 2 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 31 | Transmisión | 10 | |
Ret | 1 | Jody Scheckter | Ferrari | 14 | Motor | 9 | |
Ret | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 10 | Trompo | 11 | |
Ret | 31 | Eddie Cheever | Osella-Ford | 8 | Trompo | 22 | |
Ret | 12 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 1 | Trompo | 14 | |
NTS | 8 | Alain Prost | McLaren-Ford | Accidente | |||
NTS | 9 | Marc Surer | ATS-Ford | Accidente | |||
NSC | 18 | Dave Kennedy | Shadow-Ford | ||||
NSC | 10 | Jan Lammers | ATS-Ford |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980 |
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1979 |
Gran Premio de Suráfrica | Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1981 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "History of McLaren - Timeline - The 1980s". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2008. Consultado o 03 de agosto de 2014.
- ↑ "Grand Prix Results: South African GP, 1980". GP Encyclopedia. Inside F1, Inc. Consultado o 2008-10-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Suráfrica de 1980 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |