Gran Premio dos Estados Unidos de 1989
Nome oficial | XXVI Iceberg United States Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio dos Estados Unidos |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1989 |
Distancia do evento | 75 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Phoenix (Arizona) 33°26′52″N 112°04′30″O / 33.4479, -112.075 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 4 de xuño de 1989 |
Competición | |
Primeiro posto | Alain Prost |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Ayrton Senna |
O Gran Premio dos Estados Unidos de 1989 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 4 de xuño de 1989 en Phoenix (Arizona).
Informe
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]En outubro de 1988, o concello de Detroit, Míchigan negouse a investir máis diñeiro para adaptar o circuíto de Detroit as novas regulacións da Fórmula 1. Isto provocou a cancelación da carreira de Detroit para a tempada de 1989. O concello da cidade de Phoenix estaba interesado en acoller un grande evento deportivo para promover a cidade de Phoenix en todo o mundo. A carreira de Fórmula 1 entrou en xogo logo dun intento desesperado de Bernie Ecclestone de non perder o Gran Premio dos Estados Unidos. O 13 de xaneiro de 1989, o Consello da Cidade de Phoenix aprobou un contrato de cinco anos coa F1 para promover e executar a carreira, con data do evento o 4 de xuño. Era ben coñecido que o clima de Phoenix é moi quente en xuño, pero era a única data dispoñible porque conseguiu a carreira en pouco tempo.[1] No xoves antes da cualificación, a Fórmula Atlántica, a categoría de apoio para a fin de semana, tivo a primeira sesión de práctica na nova pista antes de que chegasen os coches de Fórmula 1 ao circuíto para a precualificación as 8 da mañá do venres. A sesión da fórmula atlántica viu un par de problemas. Levantouse unha cuberta de sumidoiro e a superficie da pista na curva 10 ao final da recta traseira (Washington Street) comezou a romperse do mesma xeito que Detroit e Fair Park fixeran no pasado. Durante a noite, utilizouse cemento seco rápido para remendar a superficie rota, o cemento mantívose durante o resto da fin de semana.
Cualificación
[editar | editar a fonte]Na cualificación o venres, Ayrton Senna foi progresivamente máis e máis rápido, fixando un tempo 1.5 segundos por diante do McLaren do seu compañeiro de equipo Alain Prost e o resto dos participantes. O tempo do venres de Senna de 1:30.710 conseguiuno na segunda sesión e deulle a súa 34ª pole position da súa carreira, rompendo a marca de Jim Clark de 33 que igualara na carreira anterior en México.
Práctica libre
[editar | editar a fonte]Durante a práctica da mañá do sábado, Prost trompeou e foise contra unha parede e danou o monocasco e a caixa de cambios. Foi o primeiro monocasco que rompeu Prost desde que se unira ao equipo en 1984. Entón Prost tivo que tomar o auto de reposto de Senna para a carreira. Alessandro Nannini estrelouse fortemente na sesión de quecemento da mañá e viuse obrigado a comezar a carreira non só no coche de reposto, senón tamén cun corsé debido a ter o pescozo moi dorido.[2]
Carreira
[editar | editar a fonte]Prost conseguiu pasar a Senna na saída, pero colleu unha fochanca na recta, facendo que as súas rodas patinasen e o motor cortara momentaneamente polo limitador de revolucións permitindo que Senna se adiantasee, pero ao final da primeira volta a súa vantaxe era de só 0´45 segundos. Nannini corría terceiro seguido por Nigel Mansell, Alex Caffi, Stefano Modena, Martin Brundle, Gerhard Berger, Andrea de Cesaris e Michele Alboreto. O pescozo de Nannini só aguantou 10 voltas antes de entrar en boxes para retirarse. Era terceiro ata que un trompo na volta catro deixouno oitavo e retirouse logo de non ser capaz de soster a súa cabeza correctamente e queixándose de mareos. Logo de 16 voltas, a vantaxe de Senna sobre Prost era de 4´25 segundos. Repentinamente dobrou a diferenza na seguinte volta, cando o motor de Prost empezou a sobrequentarse, obrigando ao francés a levantar o pé do acelerador unhas cantas voltas nun intento por recuperar as temperaturas da auga e da gasolina. Malia a posición aparentemente dominante de Senna, Prost seguiu confiando en gañar, xa que notara que o seu McLaren respondía mellor que o do seu compañeiro de equipo. Razoou que máis adiante na carreira o seu único problema sería conseguir pasalo.
A diferenza entre os dous McLarens variou a medida que avanzaban no tráfico, pero na volta 29, Prost pechou a diferenza cando Senna sufriu un fallo de encendido. O problema desapareceu momentaneamente, e Senna fixo a volta rápida da carreira, pero apareceu de novo, peor que antes. Na volta 34, con Prost só un segundo atrás, Senna fixo un xesto ao seu compañeiro de equipo para que pasara e logo entrou en boxes.
Logo de dúas paradas en boxes para cambiar a caixa negra, a batería e as buxías, e con sucesivas voltas rápidas entre eles, Senna retirouse na volta 44. Foi a súa primeira retirada debido a un fallo do motor Honda e o primeiro fallo do seu motor V10 en condicións de carreira. Tamén foi a segunda vez en 21 carreiras con McLaren que fallaba un motor de Honda, o primeiro foi cando o turbo de Prost reventou a metade do Gran Premio de Italia de 1988, a única carreira da tempada de 1988 que McLaren non gañou.
Alex Caffi, que comezara sexto no seu Dallara - Ford calzado con Pirelli, subiu ata o segundo posto coa retirada de Senna. Unha parada para poñer pneumáticos novos, logo de ser pasado por Berger (cuxas palmas aínda estaban en carne viva e doridas debido ao seu choque en Imola soamente seis semanas antes), fíxoo caer dous postos máis á quinta. Con todo, ao intentar pasar ao seu compañeiro de equipo de Cesaris, de Cesaris dobrou cara a dentro, botando a Caffi contra o muro e deixándoo fóra da carreira. Logo da carreira de Cesaris dixo que simplemente non viu Caffi e nin sequera sabía que batera no muro ata logo da carreira. De Cesaris continuou no 8º posto. O Ferrari de Berger sufriu a rotura do alternador (significando que no llegaba potencia á transmisión semiautomática) 9 voltas logo da retirada de Caffi. Os reporteiros trataron de entrevistar a Berger, pero o seu mecánico pechou a porta do garaxe, xusto antes de que a porta do garaxe pechásese. O reporteiro de boxes de ESPN viu a Berger salpicado de auga.
Ao longo da carreira, Riccardo Patrese, Ivan Capelli e Eddie Cheever estiveran moi próximos. Cando Capelli retirouse na volta 21 cun fallo na caixa de cambios, Patrese e Cheever continuaron a batalla. Logo da volta 51, a pelexa foi polo segundo lugar, con Patrese por diante. Malia un problema co combustible do seu motor, Cheever retouno nas voltas finais ata que os seus freos dianteiros e un freo traseiro fallaron. Terminou en terceiro lugar.
Como se predixo, o límite de tempo de dúas horas foi alcanzado logo de 75 das 81 voltas programadas, e Prost logrou o seu único triunfo nos Estados Unidos (logo de non gañar en Watkins Glen, Long Beach, Las Vegas, Detroit ou Dallas), e aumentou a súa entón mellor marca de todos os tempos de 36 vitorias e a súa primeira vitoria cun motor atmosférico (a súa única outra tempada na F1 sen potencia de turbo fora a súa tempada de novato con McLaren en 1980 cando o equipo usou o Cosworth DFV Motor V8). Tamén tomou unha vantaxe de dous puntos sobre Senna, no Campionato de Pilotos, que finalmente gañou. O segundo posto de Patrese foi o seu segundo seguido. Logo de loitar na práctica, a cualificación e o quecemento, e partindo do posto 14, Patrese e o director técnico Patrick Head lograron unha boa configuración e finalmente conseguirono para a carreira. O terceiro posto de Eddie Cheever foi o noveno e último podio da súa carreira na F1. Christian Danner beneficiouse das retiradas por diante del para lograr o cuarto lugar para Rial Racing. Foi o seu mellor final de carreira e coincidiu co mellor final da historia para o equipo.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pre Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Judd | 1:32.293 | |
2 | 21 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 1:32.992 | +0.699 |
3 | 36 | Stefan Johansson | Onyx-Ford | 1:33.768 | +1.475 |
4 | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 1:33.924 | +1.631 |
5 | 18 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Ford | 1:34.281 | +1.988 |
6 | 32 | Pierre-Henri Raphanel | Coloni-Ford | 1.35.110 | +2.817 |
7 | 33 | Gregor Foitek | EuroBrun-Judd | 1:35.805 | +3.512 |
8 | 17 | Nicola Larini | Osella-Ford | 1:36.470 | +4.177 |
9 | 41 | Joachim Winkelhock | AGS-Ford | 1:36.498 | +4.205 |
10 | 39 | Volker Weidler | Rial-Ford | 1:36.583 | +4.290 |
11 | 34 | Bernd Schneider | Zakspeed-Yamaha | 1:36.610 | +4.317 |
12 | 35 | Aguri Suzuki | Zakspeed-Yamaha | 1:37.776 | +5.483 |
13 | 37 | Bertrand Gachot | Onyx-Ford | 1:45.530 | +13.237 |
Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:30.108 | 1:30.710 | |
2 | 2 | Alain Prost | McLaren-Honda | 1:31.620 | 1:31.517 | +1.409 |
3 | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 1:32.924 | 1:31.799 | +1.691 |
4 | 27 | Nigel Mansell | Ferrari | 1:31.927 | 1:33.383 | +1.819 |
5 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Judd | 1:32.750 | 1:31.960 | +1.852 |
6 | 21 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 1:32.819 | 1:32.160 | +2.052 |
7 | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 1:34.267 | 1:32.286 | +2.178 |
8 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:33.697 | 1:32.364 | +2.256 |
9 | 4 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 1:33.377 | 1:32.491 | +2.383 |
10 | 9 | Derek Warwick | Arrows-Ford | 1:32.640 | 1:32.492 | +2.384 |
11 | 16 | Ivan Capelli | March-Judd | 1:36.136 | 1:32.493 | +2.385 |
12 | 30 | Philippe Alliot | Lola-Lamborghini | 1:34.721 | 1:32.562 | +2.454 |
13 | 22 | Andrea de Cesaris | Dallara-Ford | 1:33.061 | 1:32.649 | +2.541 |
14 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:34.523 | 1:32.795 | +2.687 |
15 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:34.794 | 1:33.031 | +2.923 |
16 | 5 | Thierry Boutsen | Williams-Renault | 1:35.227 | 1:33.044 | +2.936 |
17 | 10 | Eddie Cheever | Arrows-Ford | 1:33.214 | 1:33.361 | +3.106 |
18 | 15 | Maurício Gugelmin | March-Judd | 1:35.236 | 1:33.324 | +3.216 |
19 | 36 | Stefan Johansson | Onyx-Ford | 1:34.637 | 1:33.370 | +3.262 |
20 | 24 | Luis Pérez-Sala | Minardi-Ford | 1:34.636 | 1:33.724 | +3.616 |
21 | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 1:34.748 | 1:33.741 | +3.633 |
22 | 11 | Nelson Piquet | Lotus-Judd | 1:33.745 | 1:33.804 | +3.637 |
23 | 12 | Satoru Nakajima | Lotus-Judd | 1:35.188 | 1:33.782 | +3.674 |
24 | 40 | Gabriele Tarquini | AGS-Ford | 1:34.455 | 1:33.790 | +3.682 |
25 | 20 | Johnny Herbert | Benetton-Ford | 1:35.377 | 1:33.806 | +3.698 |
26 | 38 | Christian Danner | Rial-Ford | 1:35.453 | 1:33.848 | +3.740 |
27 | 26 | Olivier Grouillard | Ligier-Ford | 1:35.124 | 1:34.153 | +4.045 |
28 | 31 | Roberto Moreno | Coloni-Ford | 2:10.795 | 1:34.352 | +4.244 |
29 | 25 | René Arnoux | Ligier-Ford | 1:35.823 | 1:34.798 | +4.715 |
30 | 29 | Yannick Dalmas | Lola-Lamborghini | 1:35.771 | 1:35.496 | +5.388 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
- Mauricio Gugelmin viu a bandeira negra por engadir líquido de freos incumprindo as regulacións.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Siano, Joseph (30 de xaneiro de 1989). "Grand Prix Moves to Phoenix". nytimes.com. Consultado o 15 de xullo de 2014.
- ↑ Rob Walker, Road & Track page 82, edición de setembro de 1989
- ↑ "1989 United States Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2015.
- ↑ "United States Grand Prix - A sense of relief". motorsportmagazine.com. 7 de xullo de 2014. Consultado o 14 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Estados Unidos de 1989 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rob Walker (setembro de 1989). "United States Grand Prix at Phoenix: Just Desert". Road & Track, 82-85.
Carreira anterior: Gran Premio de México de 1989 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1989 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1989 |
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1980 |
Gran Premio dos Estados Unidos | Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1990 |