Groselleira branca
Groselleiro branco ou rañeiro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Ribes uva-crispa L. |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 184 kJ (44 kcal) |
10.18 g | |
Fibra alimentaria | 4.3 g |
0.58 g | |
0.88 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 2% 15 μg |
Tiamina (B1) | 3% 0.04 mg |
Riboflavina (B2) | 3% 0.03 mg |
Niacina (B3) | 2% 0.3 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 6% 0.286 mg |
Vitamina B6 | 6% 0.08 mg |
Ácido fólico (B9) | 2% 6 μg |
Vitamina C | 33% 27.7 mg |
Vitamina E | 2% 0.37 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 3% 25 mg |
Cobre | 4% 0.07 mg |
Ferro | 2% 0.31 mg |
Magnesio | 3% 10 mg |
Manganeso | 7% 0.144 mg |
Fósforo | 4% 27 mg |
Potasio | 4% 198 mg |
Sodio | 0% 1 mg |
Cinc | 1% 0.12 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 87.87 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
A groselleira verde, groselleira espiñosa ou rañeiro [1][2] (Ribes uva-crispa), é un arbustiño orixinario de Europa, o noroeste de África e o suroeste de Asia Menor; pertence ao subxénero Grossularia, ás veces tratado coma un xénero diferente dentro de Ribes, comprendendo as diferentes especies hirsutas de groselleiras. A groselleira espiñenta americana, Ribes hirtellum, está estreitamente emparentado, e é doada a confusión a simple vista; ambos os dous posúen talos espiñentos e presentan as flores terminais illadas, en parellas ou tríos, non en acios. O froito é a uva espiña[2] O froito é semellante a unha bago verde miúdo e comestíbel. En Galiza úsase principalmente en xardinaxe, sendo rara brava.
Descrición
[editar | editar a fonte]Arbusto de entre 1 a 3 m de altura, densamente ramificado e cuberto de espiñas; as follas son trilobuladas ou pentalobuladas, profundamente crenadas, coas nervaduras ben marcadas. As flores son acampanadas, axilares, xorden solitarias ou en parellas, pedunculadas. O froito é unha falsa baga comestíbel de aparencia pilosa, semellante a unha uva branca e normalmente de cor verde, aínda que en ocasións se dan variantes arroibadas e púrpura escura, dáselle o nome galego de uva espiña (ou uva espín) e tamén raño e certas zonas.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A groselleira espiñenta é nativa de Europa e mais do suroeste asiático. Medra de xeito espontáneo en zonas alpinas, penedentas e vizosas das rexións máis meridionais, dende o leste de Francia até o Himalaia ou a India peninsular. Na Gran Bretaña adóitase atopan en fraguiñas ou formando sebes, mais é unha planta cultivada dende hai tanto tempo que non é doado distinguir os exemplares bravos dos cultivados, ou se se pode considerar como flora nativa da illa. É común tamén nas abas baixas dos Alpes de Piemonte e Savoia e, non se sabe con certeza se xa os romanos a coñecían, aínda que se cre posíbel que Plinio o Vello fixera unha pequena alusión a ela nunha pasaxe da súa obra Naturalis Historia. En Galiza o seu cultivo é recente, aparecendo en xardíns particulares coma ornamental.
Cultivo
[editar | editar a fonte]O xeito máis sinxelo de propagar as variedades é por espeques espichados polo outono; estes prenden axiña e nuns cantos anos forman uns bos arbustos froiteiros. Existe bastante discrepancia no xeito de os podar; é probábel cada situación requira diversos tratamentos. Os froitos nacen nos esporóns laterais e nos gomos do ano anterior, polo que se adoitan acurtar as pólas laterais no inverno, antes de que as xemas comecen a grelaren; hai quen reduce os gomos principais máis longos ao mesmo tempo, mentres outros prefiren tiralos polo verán, cando aínda son tenros.
Usos
[editar | editar a fonte]As grosellas son ben coñecidas na elaboración de sobremesas doces, como tortas, batidos e crumbles. Poden conservarse secas, en xarope azucrado ou coma marmelada. Tamén se utilizan para aromatizar bebidas e licores o elaborar viño de froita.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Ribes uva-crispa foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 201. 1753.[3]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ No Diccionario Cumio da lingua galega de Edicións do Cumio, 1999, recóllese o nome vulgar sorbeira, mais cremos que é un erro, por se tratar doutra especie. Na 'Nomenclatura vernácula da flora vascular galega' recóllense as denominacións groselleira espiñenta e uva espín
- ↑ 2,0 2,1 Nome dado por E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992) en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
- ↑ "Groselleira branca". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 14 de decembro de 2012.
- ↑ Groselleira branca en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Este artigo contén textos da edición de 1911 da Encyclopædia Britannica, dispoñible sen restricións coñecidas de dereito de autor.
- Flora of North America Editorial Committee. 2009. Magnoliophyta: Paeoniaceae to Ericaceae. 8: i–xxiv, 1–585. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
- Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Groselleira branca |