Gwendal
Gwendal | |
---|---|
Gwendal nun concerto no 2009. | |
Orixe | Bretaña, Francia |
Período | 1972–presente |
Xénero(s) | Folk |
Selo(s) discográfico(s) | EMI Sony BMG |
Membros | Youenn Le Berre Jérôme Guéguen Pascal Sarton David Rusaouen Vincent Leutreau Ludo Mesnil Marc Hazon Michel Valy |
Antigos membros | Bruno Barré, Patrice Grupallo, Jean-Marie Renard, Roger Schaub, Ricky Caust, Arnaud Rogers, Olivier Pédron, François Ovide, Robert Le Gall, Patrice Guillaumat, Patrick Tillman, Bertrand Binet, Paul Faure, Jean-Claude Philippe |
Na rede | |
www.gwendal.eu | |
Gwendal é unha banda de francesa de música celta e bretoa formada no ano 1972.
Historia
[editar | editar a fonte]A banda fórmase en 1972 por iniciativa de Youenn Le Berre e Jean-Marie Renard.[1] O primeiro álbum non se fixo agardar, e saíu á venda no 1974 co nome de Irish Jig. Dende o primeiro momento pódese apreciar que este grupo conta cunha gran multiplicidade de influencias, desde a música tradicional irlandesa ata o rock, pasando polo jazz e a música clásica.
O éxito foi rotundo en canto a crítica de medios especializados e en canto a venda, o que leva ao grupo a publicar o seu segundo LP tan só un ano máis tarde co título de Joe Can't Reel. Nesta obra prodúcese a primeira aparición do violín eléctrico de Robert Le Gall, e conta coas ilustracións de Claire Bretécher. A finais deste ano Gwendal incorpora a batería ás súas composicións, co músico Arnaud Rogers. O terceiro LP, Rainy Day, contaba con ilustracións de Bilal. O cuarto traballo, 4, sae á venda no 1979 e é o que máis próximo está ao rock progresivo e ao jazz.
A comezos dos anos 80, Gwendal publicou o seu primeiro disco en directo, gravado nun concerto dado en Madrid —o cal denota a boa acollida que ten a formación gala en España—. A evolución do grupo é tremenda, e neste período hai algúns trocos. Jean-Marie Renard deixa de lado o apartado musical e convértese no representante do grupo, sendo substituído por François Ovide. Ademais, Paul Fort entra no grupo para facerse cargo dos sintetizadores, mentres que Pascal Sarton toma as rendas do baixo. Tamén o batería é substitutivo, por David Rusaouen.
Tras todos estes cambios o sexto disco de Gwendal, Locomo (1983), ten un estilo moi diferente. Danse La Musique segue con esa dinámica, e máis aínda tras o cambio de Robert Le Gall, que deixa o violín en favor do baixo. No ano 1989 publican Glen River, que ofrece unhas influencias moi setenteiras e que obtén o premio da Academia Charles Cros.
O vindeiro tardaría seis anos en chegar, e Pan Ha Diskan (1995) dá un xiro radical coa inclusión de instrumentos e ritmos africanos e indios. A partir de aquí Gwendal entra nun período de repouso no que os seus membros darán renda a proxectos máis persoais e traballarán por separado. Porén, o grupo, pola súa acollida en territorio español, segue mantendo certa actividade. Así pois, no 2003 hai unha volta á actividade coa inclusión de Ludovic Mesnil e Dan Ar Braz que se materializa no 2005 co álbum War Raog.
No 2006 participaron no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, volvendo na edición de 2013.
Membros
[editar | editar a fonte]- Youenn Le Berre - Frautas, bombardas, gaitas
- Jérôme Guéguen - Teclados
- Pascal Sarton - Baixo
- David Rusaouen - Batería
- Vinvent Leutreau - Violín
- Ludo Mesnil - Guitarras
- Marc Hazon - 2º batería
- Michel Valy - 2º baixo
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Irish Jig (1974)
- Joe can't reel (1976)
- Rainy day (À vos désirs) (1977)
- 4 (Les mouettes se battent) (1979)
- Locomo (1983)
- Danse la musique (1985)
- Glen river (1989)
- Pan Ha Diskan (1995)
- War-Raog (2005)
- Live in Getxo (2016)
En directo
[editar | editar a fonte]- En concert (1981)
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Les Plus Belles Chansons de Gwendal (1994)
- Aventures Celtiques (1998)
- Le Best Of (2008)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en francés e inglés)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Convenant, Didier (1998). La musique celtique : Bretagne, Irlande, Écosse, Pays de Galles, Cornouailles, Asturies, Galice, Île de Man. Presses de la Cité. ISBN 978-2258044463.