Saltar ao contido

Hélice-xiro-hélice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O represor λ do fago λ emprega unha hélice-xiro-hélice (esquerda; verde) para unirse ao ADN (dereita; azul e vermello).

Nas proteínas, a hélice-xiro-hélice é un dos principais motivos de estrutura secundaria que poden unirse ao ADN. O motivo componse de dúas hélices α unidas por unha curta secuencia liñal de aminoácidos e é moi común nas proteínas que regulan a expresión xénica. Non se debe confundir co dominio hélice-bucle-hélice.

O seu descubrimento baseouse nas similitudes entre os xenes dos represores Cro, PAC, e λ, que comparten unha secuencia de 20-25 aminoácidos que facilita o recoñecemento polo ADN. O recoñecemento e unión ao ADN faise por medio das dúas hélices α, unha no motivo N-terminal e a outra no C-terminal. Na maioría dos casos, como no represor Cro, a segunda hélice contribúe máis ao recoñecemento do ADN e, por tanto, é a miúdo chamada a "hélice de recoñecemento". Únese ao suco maior do ADN por medio dunha serie de enlaces por pontes de hidróxeno e forzas de van der Waals coas bases expostas. A outra hélice α estabiliza a interacción entre proteínas e ADN, pero non ten un papel importante no recoñecemento.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]