Hard rock
Hard rock | |
---|---|
Orixe musical | Garage rock, Rock and roll, Blues |
Orixe cultural | A inais dos anos 60 no Reino Unido e os Estados Unidos |
Instrumentos típicos | Guitarra eléctrica, baixo, batería, teclados |
Derivados | Heavy metal |
O hard rock ou rock duro é un xénero musical derivado do rock and roll con influencias de guitarras blueseras relacionado en principio co heavy metal.
Orixe e bandas
[editar | editar a fonte]Raíces
[editar | editar a fonte]O garage rock, o rock and roll, o blues e o country son as raíces do hard rock, así e todo, considérase que o hard rock ten orixe no blues rock dos 60.
As bandas ás cales se atribúe a xestación do xénero son Deep Purple, Black Sabbath e Led Zeppelin. A primeira debido ao virtuosismo na composición e execución dos seus temas, e á súa fusión da música clásica co xénero rockeiro (elemento vital para o posterior aparición do heavy metal). A segunda grazas á densidade e crueza do seu son. E a terceira debido á súa constante exploración musical de diversos estilos (como o *blues e o folk), recreándoos sempre baixo unha proposta máis dura e experimental. Durante os anos 60, outras bandas practicaron estilos que se consideran precedentes do rock duro; así, adóitase atribuír o primeiro riff hard rock ao tema "You Really Got Me" de The Kinks, tamén se asegura que a primeira canción de Hard Rock sería Helter Skelter de The Beatles.
Bandas
[editar | editar a fonte]Outras bandas importantes do xénero son tamén: Scorpions, Bon Jovi, Eric Burdon, Kiss, Poison, Aerosmith, Quiet Riot, Queen, Vixen, Cinderella, Skid Row, Guns N' Roses, AC/DC, Van Halen, Whitesnake, Def Leppard. A música de Van Halen (ata que David Le Roth abandonou o grupo en 1985) é quizais un dos exemplos máis claros da enerxía do xénero na súa vertente máis moderna.
Como bandas modernas de Hard Rock poderiamos citar a Velvet Revolver, The Darkness agora chamados Stone Gods, Brother Firetribe, The Answer , Wolfmother, Crashdïet, Lordi (gañadores de Eurovisión en 2006), Hard Spirit e Airbourne.
Características do Hard Rock
[editar | editar a fonte]As súas cancións adoitan estar nunha tonalidade maior, cun uso mestre das tonalidades menores; úsase moito a escala pentatónica do mesmo xeito ca no rock, e os acordes tradicionais substitúense a miúdo por acordes de quinta. As progresións de acordes asócianse a miúdo aos graos I-V ou I-V-VIII da escala, do mesmo xeito que no rock and roll. Os efectos de distorsión das guitarras cobran protagonismo, a batería pode acadar un rango de 100-150 golpes por minuto, sendo 120 un valor habitual. O só da guitarra é unha parte moi importante da canción, tanto como a letra e a melodía da voz. En canto ás letras, adoitan ser máis escuras no heavy metal, e máis festivas e intranscendentes no hard rock, tratando en numerosas ocasións, e sobre todo nos anos 80's, sobre diversión, alcohol e mozas. Aínda que as estruturas son similares no hard rock e o heavy metal, o heavy metal é lixeiramente máis complicado en estruturas ou quizais se preste máis a temas máis longos, con pasaxes que modulan tonalidades diferentes da orixinal e do seu relativo maior.