Hieronymus Bosch
Nome orixinal | (nl) Jheronimus Bosch |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (nl) Jheronimus van Aken c. 1450 's-Hertogenbosch, Países Baixos |
Morte | agosto de 1516 (65/66 anos) 's-Hertogenbosch, Países Baixos |
Lugar de sepultura | 's-Hertogenbosch |
Outros nomes | Aeken, Hieronymus van Aken, Jheronymus van Aquen, Jheronimus Aken, Jeroen Anthoniszoon van Aken, Hieronymus van Bos, Jeronimus |
Grupo étnico | Pobo neerlandés |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura do Renacemento, artes visuais e Pintura gótica |
Lugar de traballo | 's-Hertogenbosch (1474–1516) |
Ocupación | pintor, debuxante arquitectónico, debuxante, artista visual |
Período de actividade | 1474 - 1516 |
Xénero artístico | Pintura relixiosa, pintura de xénero, Pintura de historia, retrato e alegoría |
Movemento | Pintura flamenga primitiva e Renacemento nórdico |
Catálogo crítico | Q130242789 (1966) |
Alumnos | Gielis Panhedel (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Aleyt Goyaerts van den Meerveen |
Pai | Anthonis van Aken |
Irmáns | Goessen van Aken |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Boß/ Mahler von Herzogenbusch. 242, 242) Schilderboeck (pt) , (sec:T'leven van Ieronimus Bos., M197) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Hieronymus Bosch, latinizado como Bosco será tamén coñecido como Jeroen Bosch ou polo nome real Jeroen van Aken, nado en 's-Hertogenbosch contra 1450 e finado en 's-Hertogenbosch en agosto de 1516, foi un prolífico pintor neerlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de pintores holandeses e alemáns de certa importancia local, os van Aken,[1] viviu boa parte da súa vida en 's-Hertogenbosch, cidade florecente no século XV, no Ducado de Brabante (Brabant), no sur da actual Holanda. O 13 de xuño de 1463, arredor de 4000 casas da cidade ficaran destruídas por un pavoroso incendio, do que Bosch, cuns trece anos de idade, foi testemuña.[2]
Un feito importante na súa vida foi o casamento en 1480 ou 1481 con Aleid van der Mervenne que proviña dunha importante familia de comerciantes e que achegou unha casa preto da Casa do Concello, onde Bosch estableceu o seu taller e se converteu en pintor autónomo, e amizades dun importante nivel social.[3]
Foi un pintor popular e recibiu encargos incluso do estranxeiro. En 1488 afiliouse á Irmandade da Nosa Señora, unha confraría relixiosa conservadora, que agrupaba uns 40 individuos influentes de 's-Hertogenbosch e uns 7000 en toda Europa.
Estilo
[editar | editar a fonte]Moitas das súas obras describen o pecado e os fallos da moral humana. Bosch usaba imaxes de demos, animais semihumanos e máquinas que evocan o medo e a confusión que retratan a maldade do home. As obras súas conteñen un complexo, orixinal, imaxinativo e denso uso de figuras simbólicas e iconográficas, moitas das cales eran xa misteriosas e enigmáticas no seu tempo.
Tamén influíu nos artistas contemporáneos. Pódese ver certa influencia do Bosco na obra de Goya como no Aquelarre de meigas.[4] Foi unha fonte de inspiración para o movemento surrealista do século XX, que foron os máis fascinados e consideraron ao Bosco como un precursor.[5] Para André Breton, a obra constitúe unha pauta de lectura para comprender o poema en prosa de Flaubert titulado La Tentation de saint Antoine (1874).[6] Dalí inspirouse na figura humana que xorde por pareidolia no rochedo que se atopa no centro do panel da esquerda para crear a súa obra do “Gran Masturbador”.[7][8] Porén, os investigadores destacan que esta obra forte e imaxinativa é portadora de interpretacións que non se percibiron na propia época da súa creación.[9]
Marijnissen centrou a cuestión cando declara que: “Dicir que o Bosco foi un surrealista avant la lettre, é para o historiador unha herexía”, mais matizou o seu propósito cando constata que “os que examinan a obra dende un punto de vista exclusivamente artístico recoñecerán que o Bosco descubriu un dos trucos máis eficaces do surrealismo, a creación do método máis lóxico para devolver a imaxe máis ilóxica".[10]
Na cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI, o tríptico constitúe unha sólida fonte de inspiración. En 1995, o realizador Tony Kaye realizou unha publicidade para o perfume L'Air du temps de Nina Ricci cunha estética que evocaba o xardín das delicias.[11] En xuño de 2009, no Festival Montpellier Baila, a coreógrafa e directora franco-española Blanca Li propuxo a creación dun espectáculo coreográfico para 9 bailarines e un pianista titulado “O xardín das delicias” e presentado como inspirado no cadro do Bosco.[12][13]
Obra
[editar | editar a fonte]Entre as súas obras máis coñecidas están:
- O carro de feo - (Museo do Prado, Madrid)
- O xardín das delicias - (Museo do Prado, Madrid)
- O Xuízo Final - (Akademie der Bildenden Künste, Viena)
- As tentacións de Santo Antonio - (Museo Nacional de Arte Antiga, Lisboa)
- Os sete pecados mortais - (Museo do Prado, Madrid)
- Nave dos Loucos - (Museo do Louvre, París)
- A morte e o avarento - (National Gallery of Art, Washington, D.C.)
Galería
[editar | editar a fonte]-
Mesa dos sete pecados capitais
-
As tentacións de santo Antonio abade
-
A crucifixión de santa Xulia
-
Tríptico do carro de feno
-
Cristo carretando a cruz
-
Tríptico da adoración dos magos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fischer (2019), p. 20
- ↑ Fischer (2019), p. 23
- ↑ Fischer (2019), p. 25
- ↑ Foote (1981), p. 43.
- ↑ Cachon, Sophie (15-02-2016). "La peinture de Jérôme Bosch, entre démons et merveilles". Telerama.fr. Consultado o 17-12-2017.
- ↑ Breton (2008), p. 230: Il n'est pas sans intérêt de comparer au Jardin des Délices les dernières pages d'une autre Tentation de saint Antoine, celle de Flaubert (É interesante comparar o Xardín das delicias coas derradeiras páxinas doutra Tentación de Santo Antonio, a de Flaubert).
- ↑ Fischer (2016); p. 151
- ↑ Fanes (2008), p. 74
- ↑ Frédéric Elsig citado por Sophie Cachon (2016): «La fascination pour Bosch repose sur un malentendu. On pense de manière tout à fait anachronique». (Trad.: "A fascinación polo Bosco descansa sobre un malentendido. Opínase de xeito, sen dúbida anacrónico”).
- ↑ Marijnissen & Ruyfflaere (2007), p. 97:
ceux qui examinent l'œuvre d'un point de vue purement artistique reconnaîtront que Bosch a découvert un des artifices les plus efficaces du surréalisme, en l'occurrence la méthode la plus logique pour rendre l'image illogique" (os que examinan a obra dende un punto de vista puramente artístico recoñecerán que Bosch descubriu un dos mecanismos máis eficaces do surrealismo, na reunión do método máis lóxico para devolver a imaxe ilóxica).
- ↑ "L'air du temps: à l'ombre des jeunes filles en fleur". strategies.fr. Arquivado dende o orixinal o 04-06-2014. Consultado o 17-12-2017.
- ↑ "EL JARDIN DE LAS DELICIAS". blancali.com. Arquivado dende o orixinal o 22-06-2015. Consultado o 17-12-2017.
- ↑ Val, Carmen del (05-08-2011). "El loco jardín de Blanca Li". elpais.com. Consultado o 17-12-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hieronymus Bosch |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Breton, André (2008). Écrits sur l'art (Œuvres complètes, tome 4): L'Art magique. Col. « La Pléiade » (en francés). París: Gallimard. ISBN 978-2-07-011692-8.
- Fanes, Félix (2007). The Construction of the Image 1925–1930 (en inglés). Yale University Press. ISBN 978-0-300-09179-3.
- Fischer, Stefan (2019). El Bosco. La obra completa (en castelán). Colonia: Taschen. ISBN 978-3-8365-6189-1.
- Foote, Timothy (1981). Bruegel et son temps (vers 1525-1569): Partie II. « Rendre son dû au diable ». Colección:Time, Life (en francés). The New York Times.
- Marijnissen, Roger-Henri; Ruyfflaere, Peter (2007). Bosch: La problématique Jérôme Bosch depuis 1985 (en francés). París: Charles Moreau. ISBN 978-2909458472.