Iago Falque
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1990 (34 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nai | Carmela Silva | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Iago Falque Silva, nado en Vigo o 4 de abril de 1990, é un futbolista galego que xoga na demarcación de centrocampista para o América de Cali, da Primeira A de Colombia. É un xogador zurdo, que ten ocupado as posicións de medio e sobre todo media punta ou medio ofensivo. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no fútbol italiano, sendo o terceiro futbolista español con máis goles na Serie A, só por de Callejón e do tamén galego Luis Suárez.
É fillo da política do PSdeG, Carmela Silva.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no Cristo de la Victoria de Vigo, e con 11 anos foi posto a proba polo Real Madrid, co que disputou dous torneos e foi elixido mellor xogador do Torneo Internacional de Maspalomas.[1][2] Ao remate deste, aceptou unha oferta do FC Barcelona, onde se foi formando como xogador nas categorías inferiores.[3]
Juventus
[editar | editar a fonte]Logo de sete anos en Barcelona, en agosto de 2008 fichou pola Juventus por un período de catro anos, sendo asignado ao equipo xuvenil ou "Primavera".[4] O 5 de decembro de 2008 foi convocado por primeira vez polo adestrador do primeiro equipo, Ciro Ferrara, para un partido da Serie A, contra o Lecce, pero non chegou a xogar.[5] Continuou o resto da tempada no xuvenil, co que gañou o Torneo de Viareggio.
Cesión ao Bari
[editar | editar a fonte]En agosto de 2009 saíu cedido ao Bari,[6] club no que permaneceu cinco meses sen chegar a debutar co primeiro equipo na Serie A, xogando no canto diso co xuvenil. En xaneiro regresou a Turín e volveu vestir a camiseta do equipo "Primavera", co que gañou de novo o Torneo de Viareggio, marcando un dos goles da final ante o Empoli.[7]
Cesión ao Villarreal B
[editar | editar a fonte]O 29 de xullo o Villareal e a Juventus chegaron a un acordo para a cesión por unha tempada do futbolista ao filial do equipo castellonenco, o Villarreal B, que militaba na Segunda División. Titular indiscutible no ataque amarelo, foi o máximo goleador do equipo, con 11 tantos.
Tottenham Hotspur
[editar | editar a fonte]Na tempada 2011/12 volveu ser cedido pola Juventus, desta vez ao Tottenham Hotspur.[8] O 15 de setembro debutou co equipo na Europa League, nun partido ante o PAOK FC en Tesalónica. Despois de disputar catro partidos máis da competición europea e un da FA CUP, en xaneiro de 2012, o equipo inglés decidiu fichalo en propiedade e cedelo ao Southampton, que ocupaba o liderado da Championship, a segunda liga inglesa.[9] Debutou esa mesma semana ante o Leicester, pero non volveu disputar ningún minuto co equipo.
Cesións ao Almería e Rayo Vallecano
[editar | editar a fonte]Comezou a tempada 2012/13 no Tottenham, co que debutou na Premier League nun partido contra o Everton, pero en xaneiro foi cedido ao Almería, da Segunda División.[10] No equipo andaluz fíxose coa titularidade e logrou o ascenso despois de derrotar na promoción o Las Palmas e o Girona. Para a campaña 2013/14 foi cedido ao Rayo Vallecano, da Primeira División.[11] Debutou na máxima categoría nun encontro fronte ao Levante, e disputou un total de 31 partidos co equipo, marcando tres goles.
Genoa
[editar | editar a fonte]En agosto de 2014 fichou polo Genoa, regresando así ao fútbol italiano.[12] Co equipo xenovés estreouse na Serie A, na derrota da primeira xornada ante o Napoli. Titular durante a maior parte da tempada, foi o máximo anotador do equipo de Gasperini, que rematou sexto na táboa, sumando un total de 13 goles en liga e un na Copa de Italia.
Roma
[editar | editar a fonte]No verán de 2015 foi traspasado á Roma, que pagou por el uns oito millóns de euros.[13] No equipo da capital italiana, comezou xogando como titular con Rudi Garcia como adestrador, pero foi relegado á suplencia trala chegada de Luciano Spalletti ao banco. Coa camiseta da Roma fixo o seu debut na Liga de Campións, nun partido contra o FC Barcelona no Stadio Olimpico. Xogou cinco encontros da máxima competición europea e marcou un gol, nun empate a catro goles ante o Bayer Leverkusen.[14]
Torino
[editar | editar a fonte]En xullo de 2016 anunciouse a súa cesión ao Torino, tamén da Serie A. Marcou 12 goles e repartiu 8 asistencias no equipo adestrado por Siniša Mihajlović. O seu bo rendemento propiciou que o equipo piemontés exercese a súa opción de compra sobre o xogador.[15] Repetiu os 12 goles na tempada 2017/18 e marcou 6 na seguinte.
Cesión ao Genoa
[editar | editar a fonte]Con todo, perdeu protagonismo no inicio da tempada 2019/20 e no mercado invernal saíu cedido ao Genoa, equipo no que debutara na Serie A uns anos antes.[16] Alí tivo como técnico a Davide Nicola e xogou 10 encontros ata o remate da competición, anotando dous goles.
Cesión ao Benevento
[editar | editar a fonte]Na tempada 2020/21 foi cedido por novena vez na súa carreira, desta volta ao Benevento, da Serie A. No equipo adestrado por Filippo Inzaghi apenas contou con minutos, disputando só 11 partidos, só 4 deles como titular, e marcando un gol ante o Crotone. O equipo acabou a tempada descendendo á Serie B. Ao remate da súa cesión deixou o Torino e o fútbol italiano, sendo o terceiro futbolista español con máis goles marcados na historia da Serie A (48), só por detrás de Callejón e do tamén galego Luis Suárez.[17]
América de Cali
[editar | editar a fonte]Despois de estar uns meses sen equipo, en xaneiro de 2022 asinou como novo xogador do América de Cali, da Primeira A de Colombia. Debutou co equipo adestrado por Juan Carlos Osorio o 28 de febreiro, nunha vitoria por 2-0 sobre o Once Caldas.[18] Uns días despois xogou o seu primeiro partido na Copa Suramericana, ante o Independiente Medellín.[19]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Internacional coas categorías inferiores da selección española, en 2007 participou coa sub-17 na Eurocopa sub-17 e na Copa do Mundo sub-17. Na primeira delas, disputada en Bélxica, marcou dous goles e foi titular na final ante Inglaterra, na que España se proclamou campioa grazas a un solitario gol de Bojan Krkić.[20] No Mundial, celebrado en Corea do Sur, marcou un gol contra Corea do Norte e disputou unha nova final, na que España caeu ante Nixeria na quenda de penaltis, sendo el un dos que fallaron o seu lanzamento.[21]
En 2008 foi convocado por Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez para xogar coa selección galega nun amigable contra Irán. Foi titular en dito partido, disputado no estadio de Riazor, no que Galicia venceu por 3-2.[22] Foi convocado tamén para o encontro da Irmandiña contra Venezuela en 2016, pero a última hora foi baixa por lesión.[23]
Datos persoais
[editar | editar a fonte]Súa nai é a política do PSdeG Carmela Silva, que ostentou entre outros cargos o de senadora, deputada no Congreso e presidenta da Deputación de Pontevedra. É ademais sobriño de Gustavo Falque, presidente do Coruxo dende 2001.[24] Froito da súa relación coa modelo venezolana Carolina Araque, en 2021 naceu o seu fillo Liam.[25][26]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Selección española sub-17
- Eurocopa sub-17 (1): 2007.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guasch, Tomás (21 de decembro de 2008). ""Italia mezcla fútbol y ajedrez a un tiempo: juegan a otra cosa"". As (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "El sueño de Falqué no estaba en Valdebebas". Marca (en castelán). 1 de novembro de 2013. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "Iago Falqué: Llegado de Galicia con una zurda 'diez'" (en castelán). 5 de xullo de 2006. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "Mercado: Iago Falqué ficha por la Juventus" (en castelán). 2 de setembro de 2008. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "El gallego Iago Falque se asoma en el Juventus" Arquivado 14 de decembro de 2013 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 7/12/2008
- ↑ "Iago Falque se marcha cedido al Bari". Faro de Vigo (en castelán). 26 de agosto de 2009. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "62nd "Torneo di Viareggio" 2010". rsssf.com (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "Iago Falqué jugará cedido en el Tottenham". Marca (en castelán). 26 de agosto de 2011. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ Fichaje por el Tottenham Hotspur, artigo en Marca, 16 de xaneiro de 2012 (en castelán).
- ↑ "Iago Falqué se incorpora al Almería". Mundo Deportivo (en castelán). 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ Suárez, Isaac (23 de agosto de 2013). "Iago Falqué refuerza al Rayo". Marca (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "Iago Falque ficha por el Genoa". As (en castelán). 1 de agosto de 2014. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "Iago Falque firma por la Roma hasta 2020". Marca (en castelán). 1 de xullo de 2015. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ Solé, Sergi (20 de outubro de 2015). "El Bayer devuelve una remontada espectacular a la Roma y le birla el triunfo". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "El Torino ejerce la opción de compra por Iago Falque". As (en castelán). 4 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ Rivas, Isaac (31 de xaneiro de 2020). "Iago Falque jugará como cedido en el Genoa" (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ Ferré, Quim (14 de abril de 2020). "Los 10 futbolistas españoles con más goles en la historia de la Serie A". 90min.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2022. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "Iago Falque y su debut con el América de Cali: jugó un tiempo en el 2-0 sobre Once Caldas" (en castelán). 28 de febreiro de 2022. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "Iago Falque y el mensaje tras su primera derrota con América" (en castelán). 10 de marzo de 2022. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "Bojan eleva a España". El Mundo (en castelán). 14 de maio de 2007. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "España - Nixeria 2007". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2007. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ Fernández, Carlos Alberto (28 de decembro de 2008). "Galicia vence a Irán con Novo como estrella". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "Galicia - Venezuela, en directo". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de maio de 2016. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ Estévez, Antonio (17 de outubro de 2017). "Dolor y rabia: el deporte contra las llamas". Marca (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "Carmela Silva: "Xa podo decir que son unha avoa feliz"". El Progreso (en castelán). 2 de marzo de 2021. Consultado o 12 de maio de 2022.
- ↑ "La motivación de Iago Falque: conozca a su bella esposa venezolana" (en castelán). 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 12 de maio de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador Arquivado 19 de abril de 2022 en Wayback Machine. no sitio web do América de Cali (en castelán).
- Nados en 1990
- Nados en Vigo
- Futbolistas de Vigo
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do FC Barcelona B
- Xogadores do Juventus FC
- Xogadores do AS Bari
- Xogadores do Villarreal CF B
- Xogadores do Tottenham Hotspur FC
- Xogadores do Southampton FC
- Xogadores da UD Almería
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do Genoa CFC
- Xogadores do AS Roma
- Xogadores do Torino FC
- Xogadores do Benevento Calcio
- Xogadores do América de Cali
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-17
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-19
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia