Saltar ao contido

Illa Gordon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Gordon
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaArquipélago de Terra de Fogo Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional Alberto de Agostini Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRexión de Magallanes e da Antártica Chilena, Provincia Antártica Chilena e Cabo de Hornos, Chile Editar o valor en Wikidata
Mapa
 54°58′00″S 69°35′00″O / -54.9667, -69.5833
Bañado porEstreito de Beagle (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude337 m Editar o valor en Wikidata
Superficie591 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Gordon forma parte do Arquipélago de Terra de Fogo situado na rexión austral de Chile. Pertence ao sector que para o seu estudo denominouse como das illas do sur e sueste.

Administrativamente pertence á Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena, Provincia da Antártica Chilena, comuna de Cabo de Hornos. A illa queda dentro do Parque Nacional Alberto de Agostini.[1]

Desde hai aproximadamente 6000 anos ata metade do século XX as súas costas foron habitadas polos pobos kawésqar e yámana.

Debido ao seu carácter montañoso e accidentado e á carencia de recursos, a illa estivo deshabitada e só de cando en vez era percorrida por membros dos pobos kawésqar e yámana, pobos que a mediados do século XIX practicamente desapareceran pola acción do home branco.

A illa queda en territorio neutral, pero era visitada frecuentemente polos indíxenas yámanas e kawésqar quen acudían a buscar nela e outras illas próximas a pirita de ferro, [2]mineral co que conseguían as faíscas necesarias para acender.

Forma parte do Parque nacional Alberto de Agostini dependente da Corporación Nacional Forestal.

No mes de maio de 1830 Fitzroy nunha embarcación do HMS Beagle percorreu o sector do Brazo Noroeste da canle Beagle ata a altura da baía Tres Brazos da illa Gordon. Nesta escursión foi cando embarcou a un yagán ao que logo lle puxo Jemmy Button e que continuou con el ata Inglaterra xunto aos outros 3 reféns kawesqar.[3]

En xaneiro e febreiro de 1833 o comandante Fitzroy co HMS Beagle fondeou no paso Goree e en embarcacións percorreu o sector das illas do S e SE do arquipélago de Terra do Lume. Durante ese período desembarcou en Wulaia aos 3 fueguinos sobreviventes da súa viaxe a Inglaterra - Jemmy Button, Fuegia Basket e York Minster - e completou o recoñecemento e levantamento hidrográfico das canles Beagle e Ballenero. Estivo na canle Murray, Brazo Noroeste, seo Darwin, canle O'Brien, canle Ballenero, baía Cook e Brazo do Suroeste. [4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Illa Gordon

Sitúase no lado oriental do seo Darwin, dividindo a canle Beagle en dúas pasaxes chamados Brazo do Noroeste e Brazo do Suroeste que corren polo norte e sur respectivamente da illa. O Brazo do Suroeste desemboca na baía Cook no océano Pacífico causa pola cal esta ruta non é recomendable para a navegación, en cambio si o é o Brazo do Noroeste que ademais forma a continuación da canle Beagle desde o seo Darwin cara ao oriente.

Ten unha orientación O-E cun longo de 45 km. nesa dirección e de 14,5 km. no seu maior ancho. Aseméllase a un triángulo isósceles coa súa base cara ao occidente. É montañosa e termina no E. na punta Divide, que como un cuña dá orixe ás canles mencionadas. No seu sector oriental hai un pico sen nome de 1.584 metros de altura.

Na súa costa norte fórmanse dúas entradas profundas, as baías Tres Brazos e Romanche. Na costa sur só temos a baía Fleuriais. [5]

No sector da illa reina case permanentemente o mal tempo, cae copiosa choiva e o ceo está nubrado. O clima considérase de carácter marítimo, con temperaturas parellas durante todo o ano. O vento predominante é do oeste e sopra case en forma continua e sen interrupción. Pódese dicir que o réxime permanente é de mal tempo baixo todas as súas formas. [5]

  1. Ministerio de Bienes Nacionales (1985). "Parque Nacional Alberto de Agostini" (en español). 
  2. Chapman 2012, p. 152-153-243.
  3. King 1839, pp. 441,443,444.
  4. FitzRoy 1839, pp. 202,215-219.
  5. 5,0 5,1 Instituto Hidrográfico 1958, p. 179.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]