Saltar ao contido

Illacme plenipes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Illacme plenipes

Femia de I. plenipes con 618 patas
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Myriapoda
Clase: Diplopoda
Orde: Siphonophorida
Familia: Siphonorhinidae
Xénero: Illacme
Especie: I. plenipes
Nome binomial
Illacme plenipes
Cook & Loomis, 1928
Hábitat idóneo predito (máximo en azul) para I. plenipes baseado en variables climáticas
Hábitat idóneo predito (máximo en azul) para I. plenipes baseado en variables climáticas

Hábitat idóneo predito (máximo en azul) para I. plenipes baseado en variables climáticas

Illacme plenipes é un diplópodo (milpés) siforrínido que se encontra na rexión central do estado de California. Algúns individuos chegan a ter 750 patas, polo que é o animal con máis patas do mundo. Viuse por primeira vez en 1926, mais non foi redescuberto ata 2005. É unha das dúas especies do xénero Illacme. Unha segunda especie, Illacme tobini, descubriuse e nomeouse en 2016.

Femia de I. plenipes con 662 patas.

Aínda que ningún milpés ten mil patas, o que máis se achega a esa cifra é I. plenipes.[1] Como media esta especie ten unhas 600 patas, o dobre que a media dos milpés, pero hai rexistros de individuos con 750. Malia esta gran cantidade de patas, o animal é bastante pequeno, mesmo en comparación con outros milpés. As femias crecen aproximadamente ata 2,5 cm; os machos son aínda un pouco menores e con menos patas.

Historia taxonómica

[editar | editar a fonte]

A especie descubriuna en San Benito County, que está dentro da Provincia Florística de California, en 1926 o científico federal Orator Cook e describírona formalmente Cook e Harold F. Loomis en 1928.[2] Cook e Loomis describiron a especie sen deixar ilustracións e ata 1996 non se proporcionaron as primeiras ilustracións grazas a Rowland Shelley do North Carolina Museum of Natural Sciences, que reexaminou os espécimes orixinais.[3] Porén, a especie non se volveu a ver viva de novo ata que foi redescuberta en 2005, case 80 anos despois, por Paul Marek, que entón era un estudante da East Carolina University.[4] Marek publicou o seu descubrimento na revista Nature.[5] Marek e colegas deron unha descrición máis detallada da anatomía e ecoloxía de I. plenipes en 2012.[1]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Illacme pertence á orde Siphonophorida e á familia Siphonorhinidae. É o único sifonorrínido coñecido no hemisferio occidental, aínda que Shelley suxeriu que se deberían encontrar máis especies no sur de California e México.[3] O parente máis próximo de Illacme non foi determinado, pero un probable candidato é Nematozonium filum do sur de África, que tamén ten un corpo longo e estreito e característicos gonópodos.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Marek, P.; Shear, W.; Bond, J. (2012). "A redescription of the leggiest animal, the millipede Illacme plenipes, with notes on its natural history and biogeography (Diplopoda, Siphonophorida, Siphonorhinidae)". ZooKeys 241 (241): 77–112. PMC 3559107. PMID 23372415. doi:10.3897/zookeys.241.3831. 
  2. O. F. Cook & H. F. Loomis (1928). "Millipedes of the order Colobognatha, with descriptions of six new genera and type species, from Arizona and California". Proceedings of the United States National Museum 72 (18): 1–26, f. 1–6, pls. 1–2. doi:10.5479/si.00963801.72-2714.1. 
  3. 3,0 3,1 Shelley, Rowland M. (1996). "The milliped order Siphonophorida in the United States and northern Mexico" (PDF). Myriapodologica 4 (4): 21–33. 
  4. "ECU students rediscovers rare millipede". East Carolina University. June 15, 2006. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2017. Consultado o August 27, 2010. 
  5. Paul E. Marek and Jason E. Bond (2006). "Biodiversity hotspots: rediscovery of the world's leggiest animal". Nature 441 (7094): 707. PMID 16760967. doi:10.1038/441707a. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]