Impedancia acústica
Defínese a impedancia acústica (Z) dun medio material como a razón entre a presión sonora (p) e a velocidade das partículas(v) no medio material. Isto é,
É característica de cada material e pódese calcular co produto da densidade () e máis a vecidade do son (c) no material.
É importante non confundir v (velocidade das partículas) con c (velocidade do son).
O nome de impedancia acústica ven da analoxía coa lei de Ohm da teoría de circuítos, pola que se enuncia unha lei de Ohm acústica, na que a presión sonora xoga o papel de do potencial eléctrico e a velocidade v o da corrente eléctrica.
Outras relacións útiles,
onde J é a intensidade sonora e xoga un papel análogo á potencia eléctrica.
Unidades
[editar | editar a fonte]A Impedancia acústica (Z) mídese en Pa·s/m. Tamén se emprega o rayl.
Para as outras magnitudes empregadas enriba:
p (presión sonora) mídese en N/m2 =Pa= pascal.
v (velocidade da partícula) mídese en m/s.
ρ (densidade do aire mídese en kg/m3
J (intensidade sonora) mídese en W/m2.