Impresora
Aparencia
Unha impresora[1] é un dispositivo periférico que serve para converter información dixital en información impresa. A velocidade de impresión mídese polo número de caracteres por segundo e pola cantidade de páxinas por minuto que pode imprimir a impresora. A calidade de impresión ou resolución da impresora mídese pola cantidade de puntos por polgada que pode imprimir.
A impresora conéctase ao ordenador por medio dun porto paralelo ou os máis recentes mediante USB.
Tipos
[editar | editar a fonte]- Impresora de matriz de puntos é un tipo de impresora de impacto no que se realiza a impresión ao bater a cabeza contra unha cinta impregnada de tinta. Non poden imprimir gráficos ou imaxes, e aínda que moi rápidas, son tamén moi ruidosas.
- Impresora de inxección de tinta, é o tipo de impresora máis común entre os particulares e no pequeno negocio.
- Impresora láser, funciona de xeito semellante a unha fotocopiadora
- Impresora 3D é un tipo e impresora que fabrica obxectos sólidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para impresora.
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |