Saltar ao contido

Jeordie White

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJeordie White

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Pompton Lakes, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónJ. P. Taravella High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaixista, compositor de cancións, guitarrista, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo, Rock industrial, Metal alternativo, Metal industrial e heavy metal tradicional (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, baixo, voz e teclado Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoNothing Records
Interscope Records Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webbasetendencies.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0708390 Facebook: BaseTendencies-712975598739986 Twitter: basetendencies Instagram: jeordie Youtube: UCKc64TevqEXmgqNY2kiY4SQ BNE: XX1626939 Musicbrainz: ab4625d4-9947-481c-af95-5955b0b13023 Discogs: 408081 Allmusic: mn0000804816 Editar o valor en Wikidata

Jeordie Osborne White, máis coñecido polo nome de Twiggy Ramirez, nado en Pompton Lakes, Nova Jersey o 20 de xuño de 1971, é un músico estadounidense que actualmente traballa como vocalista da banda Goon Moon. Foi tamén o baixista de A Perfect Circle e Nine Inch Nails, pero é sobre todo coñecido polo seu traballo con Marilyn Manson. Deixou esta banda no ano 2002, pero volveu a unirse no 2008 ata que deixou a banda novamente en 2017. Tamén traballou nalgunhas das sesións das gravacións The Desert Sessions. Tamén é presentador do podcast Hour of Goon xunto co seu compañeiro Fred Sablan.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nado en Pompton Lakes, Nova Jersey, mudouse a Florida cando era neno.[1] Ten un irmán máis vello, James, e non coñeceu ao seu pai ata o ano 2008.

Influenciado polo seu gusto por Mötley Crüe, Van Halen e Iron Maiden, comezou a tocar a guitarra aos trece anos. Aínda que nacera en Nova Jersey pasou a meirande parte da súa mocidade na área de Fort Lauderdale onde se uniu rapidamente á crecente escena musical do sur de Florida, ingresando aos quince anos na súa primeira banda, The Ethiopians.[2]

Carreira musical

[editar | editar a fonte]

Ao principio da súa carreira White estivo nunha banda de versións de speed metal chamada The Ethiopians, que versionaba temas como "Trapped Under Ice" de Metallica. Entre 1989 e 1993 White tocou a guitarra rítmica e fixo coros en Amboog-a-Lard.

Marilyn Manson

[editar | editar a fonte]

White coincidiu con Brian Warner varias veces a finais dos anos 80. Tras un inesperado encontro nunha tenda de discs usados no Coral Springs Mall onde White traballaba, os dous decatáronse de que tiñan moito en común. White intentou activamente unirse á banda de Manson mentres tocaba noutro proxecto.[3] Converteuse nun "spooky kid" honorario, e como groupie fíxose chamar Gordy White. En marzo de 1993 White formou parte do proxecto paralelo de Manson, Mrs. Scabtree, compartindo as tarefas vocais coa súa moza naquel momento, Jessicka. White non se uniu a Marilyn Manson and the Spooky Kids ata que Gidget Gein foi expulsado da banda polo representante en decembro de 1993. No grupo White recibiu o nome artístico de Twiggy Ramirez, que procedía da supermodelo inglesa Twiggy e do asasino en serie estadounidense Richard Ramirez. White non tocara nunca o baixo ata que Manson lle deu o seu primeiro instrumento tras unirse á banda.[3] En 1998 White fixo un cameo no vídeo musical da canción de Monster Magnet "Space Lord".[4] En 2001 White apareceu nun episodio de MTV Cribs: "Ozzfest Edition". White deixou Marilyn Manson en 2002.

Como resultado de moitos cambios na formación (sobre todo entre os guitarristas), White foi o responsable de moitas das composicións nos álbums Antichrist Superstar, Mechanical Animals e Holy Wood; neste último compartíu os créditos con John 5. En 2007 White dixo que estaba orgulloso do traballo que fixera na banda.[5]

O 9 de xaneiro de 2008 Marilyn Manson publicou un boletín no seu MySpace confirmando que Tim Skold deixaba a banda e que White regresaba para ocupar o seu lugar. White xirou con Manson como novo guitarrista durante a promoción do seu sétimo álbum de estudio. Porén, continuou tocando con Goon Moon tras rematar a xira de The High End of Low.

White mencionou nunha entrevista que seguiría traballando con Manson no seu seguinte álbum, Born Villain, que foi publicado o 1 de maio de 2012. Aínda que non participou na composición ou na gravación do álbum de 2015 The Pale Emperor, continuou xirando co grupo. Manson confirmou en Reddit que pretendía seguir colaborando con White na continuación de The Pale Emperor.[6] A pesar diso o seguinte traballo do grupo, Heaven Upside Down, non contou con contribucións de White.

O 24 de outubro de 2017 Marilyn Manson publicou en Facebook que a banda desfixérase de White tras acusacións de violación contra el, e anunciou que sería substituído na seguinte xira.[7]

Outros proxectos

[editar | editar a fonte]

Tras deixar Marilyn Manson en 2002 White realizou dous concertos coa banda californiana de punk metal Mondo Generator.[8] Ese mesmo ano fixo unha audición para ser guitarrista en Queens of the Stone Age, pero no seu lugar foi escollido Troy Van Leeuwen.[9] En 2003 realizou outra audición para ocupar o posto de baixista en Metallica tras a marcha de Jason Newsted, pero no seu lugar sería elixido Robert Trujillo.[10] Varios meses despois White substituíu a Paz Lenchantin como baixista en A Perfect Circle.[10]

  1. "De-Tour Hole Has Left, Monster Magnet Is Missing, But Marilyn Manson Rolls On", Fort Wayne News Sentinel, 15 de abril de 1999.
  2. "Jeordie White | Biography". www.basetendencies.com. Consultado o 2020-10-06. 
  3. 3,0 3,1 "Marilyn Manson - Meeting Twiggy Ramirez - Biography". www.biography.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-06. 
  4. Kangas; Chaz (2013-11-26). "Monster Magnet's "Space Lord": Rock and Rap's Missing Link?". LA Weekly (en inglés). Consultado o 2020-10-06. 
  5. ArtisanNewsService. Jeordie White aka Twiggy Ramirez talks Marilyn Manson (YouTube). 
  6. "r/IAmA - Marilyn Manson. AMA.". reddit (en inglés). Consultado o 2020-10-06. 
  7. Blistein, Jon; Blistein, Jon (2017-10-25). "Marilyn Manson Splits With Twiggy Ramirez After Rape Allegations". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-10-06. 
  8. "Mondo Generator | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-10-07. 
  9. "Jeordie White - Biography". acousticmusic.tripod.com. Consultado o 2020-10-07. 
  10. 10,0 10,1 Blabbermouth (2003-02-12). "TWIGGY RAMIREZ Confirms METALLICA Audition, Discusses A PERFECT CIRCLE Gig". BLABBERMOUTH.NET. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-07.