Saltar ao contido

Johann Voldemar Jannsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohann Voldemar Jannsen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1819 Editar o valor en Wikidata
Vana-Vändra Rural Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xullo de 1890 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Tartu Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Raadi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , poeta , mestre Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua estoniana Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosLydia Koidula (pt) Traducir, Harry Jannsen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: daa18852-fb7c-4371-9560-995e246cfc49 Editar o valor en Wikidata


Johann Voldemar Jannsen, nado en Vändra (Livonia) o 16 de maio de 1819 e finado en Tartu o 13 de xullo de 1890, foi un profesor, xornalista e poeta estoniano, autor da letra do himno nacional Mu isamaa, mu õnn ja rõõm ("A miña terra nativa, o meu gozo e dita"), figura central no movemento do Espertar Nacional Estoniano. Foi pai da poetisa Lydia Koidula.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Editor do primeiro número do semanario Pärnu Postimees o 5 de xuño de 1857, fito que representou o inicio dun xornalismo ininterrompido en estoniano ata o día de hoxe. En paralelo ao seu traballo como profesor de escola primaria na cidade de Pärnu, traballou no semanario como xornalista até o 1863. Así mesmo, Jannsen foi o organizador do primeiro Festival Nacional do Cante Estoniano no ano 1869, e o segundo en 1879 en Tartu.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O 1 de xuño de 2007 foi homenaxeado na vila de Pärnu baixo a iniciativa do aínda existente Pärnu Postimees co apoio do goberno do país na celebración do 150 aniversario do xornalismo ininterrompido en estoniano. No paseo central da cidade ergueuse unha estatua súa feita polo escultor Mati Karmin.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]