Saltar ao contido

José Antonio Primo de Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Antonio Primo de Rivera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia Editar o valor en Wikidata
24 de abril de 1903 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Alacant, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro (2023–)
Tomb of José Antonio Primo de Rivera (en) Traducir, Basílica pontificia da Santa Cruz (1959–2023)
Mosteiro do Escorial (1940–1959)
Alacant (–1940) Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
30 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, avogado defensor, poeta, falanxista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFalange Española (1934–1936)
Falange Española (1933–1934)
Unión Monárquica Nacional Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDucado de Primo de Rivera
Marqués de Estella Editar o valor en Wikidata
PaisMiguel Primo de Rivera Editar o valor en Wikidata  e Casilda Sáenz de Heredia Editar o valor en Wikidata
IrmánsPilar Primo de Rivera
Fernando Primo de Rivera y Sáenz de Heredia
Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia
Carmen Primo de Rivera Editar o valor en Wikidata
ParentesMaría Teresa Sáenz de Heredia, curmá entregue
Fernando Primo de Rivera y Orbaneja, tío paterno
José Primo de Rivera, paternal grandfather's father
Fernando Primo de Rivera, tío avó
Rafael Primo de Rivera y Sobremonte, tío avó
Rafael de Sobremonte, tataravó
Juan Peche y Cabeza de Vaca, cunhado
José Primo de Rivera y Orbaneja, tío paterno
Miguel Primo de Rivera y Urquijo, sobrinho fraterno
María de las Nieves Sáenz de Heredia, curmá entregue
José Luis Sáenz de Heredia, maternal first cousin
Andrés Sáenz de Heredia Arteta, maternal first cousin
Dolores Primo de Rivera y Cobo de Guzmán, curmá entregue
Miguel Primo de Rivera y Cobo de Guzmán, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Примо де Ривера Хосе Антонио)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0697560 BNE: XX1038803 WikiTree: Primo_de_Rivera_y_Sáenz_de_Heredia-2 Find a Grave: 10511572 Editar o valor en Wikidata

José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nado en Madrid o 24 de abril de 1903 e finado en Alacant o 20 de novembro de 1936, foi un político español, fundador xunto con Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas da Falange Española, un partido político de inspiración nacional-sindicalista do que se aproveitou a ditadura do xeneral Francisco Franco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito do xeneral Miguel Primo de Rivera, de quen herdou o título de Marqués de Estella, estudou na Facultade de Dereito de Madrid e en 1930 participou no proxecto político da Unión Monárquica Nacional. O 2 de maio dese ano aceptou o cargo de vicesecretario xeral do partido, co propósito de reivindicar a memoria do seu pai, atacada tanto na caída da súa ditadura, a finais da Monarquía de Afonso XIII, como durante a Segunda República (1931).[Cómpre referencia]

Placa conmemorativa dun discurso dado no Carballiño en novembro de 1930.

Durante 1930 percorreu Asturias e Galiza xunto a José Calvo Sotelo de cara ás eleccións municipais do ano seguinte. Porén, fracasou no seu intento de obter un escano de deputado por Madrid nas eleccións de 1931, sendo derrotado por Bartolomé Cossío. Foi detido en 1932 baixo a sospeita de colaborar coa sublevación organizada polo xeneral Sanjurjo (a "Sanjurjada"), feito que el sempre negou, saíndo finalmente do cárcere sen cargos.[Cómpre referencia]

En 1933, na plenitude do crecemento dos movementos fascistas en Italia e nazi en Alemaña, publicou un artigo titulado "Orientaciones hacia un nuevo estado", no único número do xornal El Fascio. Neste artigo pregoaba un estado social no que as loitas partidistas non existisen.

Creou xunto a Julio Ruiz de Alda o Movimiento Español Sindicalista,[1] embrión da futura Falange Española, movemento político con inspiración no sindicalismo revolucionario cun matiz católico, máis con influencias dalgúns pensadores como Ortega y Gasset. Os dous piares da Falange Española eran a consideración do home como suxeito espiritual e de España como unha unidade do destino no universo. Falange Española foi fundada no Teatro da Comedia de Madrid o 29 de outubro de 1933. No acto José Antonio lexitimou a violencia na defensa dos seus valores a través da "dialéctica dos puños e as pistolas".

Nas eleccións de novembro de 1933 obtivo o seu escano en Cortes, integrado nunha coalición conservadora monárquica, pola circunscrición de Cádiz.

En 1934 fusionou Falange Española con outro grupo de ideoloxía semellante, pero con certas diferenzas, as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista de Onésimo Redondo e Ramiro Ledesma Ramos, dando lugar á FE de las JONS.

Nas eleccións de 1936, a esquerda e a dereita acudiron en bloques ás eleccións. A Falange non se aliou con ningún dos dous por entender Primo de Rivera que a ideoloxía Nacional-sindicalista defendida polo seu partido non se encontraba representada nin polas esquerdas nin polas dereitas. Tampouco recibiu oferta de ningunha das dúas.

Coa vitoria da Fronte Popular, fortalecéronse as tramas para derrocar á República. Sucedéronse as reunións de xenerais para propiciar un pronunciamento nas que Falange era ignorada, quedando á marxe delas. Entre tanto, as milicias paramilitares falanxistas intensificaron o uso da violencia contra grupos políticos de esquerda, que culminaron no atentado contra Luis Jiménez de Asúa, deputado socialista, o 12 de marzo.

Ingreso en prisión e asasinato

[editar | editar a fonte]

O 14 de marzo, Primo de Rivera ingresou preso no cárcere Modelo de Madrid, acusado de posesión ilícita de armas. Na prisión foi sometido a varios procesos. Un por infracción de lei de imprenta ao se divulgaren escritos seus redactados no cárcere, outro por inxurias ao director da Dirección General de Seguridad, outro máis por asociación ilegal. De todos estes resultou absolto, non así dun sumario por posesión ilícita de armas, que resultaría nunha condena de cinco meses.[2]

Ao escoitar a sentenza, Primo insultou os xuíces e agrediu un oficial da sala. Xulgado por desacato e atentado á autoridade, recibiu unha nova condena a cinco anos. Na madrugada do 5 ao 6 de xuño, temendo un intento de fuga, foi trasladado ao cárcere de Alacant.

Desde a cadea, favorecido por un relaxado réxime de visitas, dirixiu á Falange tratando de levar a iniciativa na insurrección. Non cabe ningunha dúbida de que José Antonio respaldou as accións de violencia executadas polas milicias falanxistas, como tampouco de que estivo ao tanto dos movementos golpistas liderados polo exército.[3]

Seguía detido no cárcere de Alacant cando o 18 de xullo se produciu o golpe de estado militar encabezado por Emilio Mola e Sanjurjo onde participou con eles Francisco Franco, co que deu comezo a guerra civil (1936-39).

O 17 de novembro de 1936 foi xulgado por rebelión militar. Condenado á pena de morte por un tribunal popular, o 20 de novembro foi fusilado antes de que o goberno dera a súa "aprobación".

Durante varios meses despois da súa morte estendeuse entre os falanxistas a crenza de que José Antonio non fora en verdade executado, senón que permanecía agochado á espera dunha oportunidade para pasar ao territorio franquista. Durante meses, FE de las JONS permaneceu baixo a xefatura interina de Manuel Hedilla.

Trala fin da guerra civil o seu cadáver foi exhumado e levado a ombros dende Alacant até San Lorenzo de El Escorial e unha vez rematado o Valle de los Caídos foi enterrado alí por orde de Franco, con máximas honras.

  1. Saz (1986), p. 195a
  2. Gil Pecharromán, Julio (2006). José Antonio Primo De Rivera. Retrato De Un Visionario. Planeta de Agostini. ISBN 9788467422627. 
  3. González Calleja, Eduardo (2011). Contrarrevolucionarios. Radicalización violenta de las derechas durante la Segunda República, 1931-1936 (en Castelán). Alianza. pp. 310–329. ISBN 9788420664552. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]